Bosco Gil de Gárate, nado en Madrid o 23 de maio de 1980, é un músico español de folk rock, máis coñecido co nome de Bosco Hill. Desenvolve a súa carreira artística como compositor e multinstrumentista na banda de cosmic folk rock galega Family Folks. Traxectoria Bosco Hill iníciase na escena musical galega da man da formación de blues rock The Last But One (2009), xunto cos músicos Marcos Frost, Javier Reboreda ("Rebo") e Marcelo Gutiérrez ("Tate").
A banda The Last But One queda inactiva en 2014, momento no que Bosco Hill inicia un proxecto de directo xunto con "Rebo", que se deu a coñecer como "Hill & The Rebolution!". A finais de 2014 funda Family Folks xunto con Ruben Xuarez (álter ego do músico vigués Rubén Suárez Sousa). Bosco Hill e Ruben Xuarez constitúen o núcleo compositivo de Family Folks.
Bosco Hill mantén unha colaboración co músico vigués Antonio Tato e, ademais, imparte cursos de música, poesía e ideoloxía na Universidade de Vigo.
En abril de 2020, publicou como parte dos proxectos de Family Folks unha colaboración co cantautor e bluesman británico Tim Holehouse, o tema "Good Morning Mr. Vampire" gravado en The Dub Yard por Javi Vicalo.
Libros
Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular (2023, en coautoría con Susana Rodríguez Barcia, Universidade de Vigo) Cantos do mar (2024, en coautoría con Susana Rodríguez Barcia, Morgante)
Discografía con Family Folks All the Lost Causes LP (2016), Gaztelupeko Hostak. All the Lost Causes CD (2016), Gaztelupeko Hostak. The Anvil Sea (CD) (2018), Gaztelupeko Hostak. The Anvil Sea (2LP) (2019), Gaztelupeko Hostak. Naufrage LP+CD (2022), Gaztelupeko Hostak.
Videoclips con Family Folks Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017). The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019). The Beast, (Realizado por Denis Carballás, 2022).
Colaboración en videoclips
I´m a Man, tema de Antonio Tato (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017).
Notas
Categoría:Músicos de España Categoría:Nados en 1980
Categoría:Nados en Madrid