Julio Jesús González Ferreiro, nado en Negreira cara a 1916 e finado no mesmo concello o 3 de maio de 1984,La Voz de Galicia, 4-5-1984, p. 53. foi un médico e político galego.

Traxectoria Iniciou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1932.La Voz de Galicia, 26-3-1933, p. 9. Militante da Juventudes Socialistas Unificadas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua. En 1947 volveu ser detido, xulgado e condenado a tres anos de prisión. Foi médico municipal de Brión nos anos sesenta.La Noche, 16-5-1967, p. 7. Militante do PCG, nas primeiras eleccións democráticas promoveu e encabezou a Agrupación Democrática Independiente de Negreira que obtivo catro concelleiros.La memoria democrática Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura ADI que obtivo dous concelleiros.

Vida persoal

Casou con Socorro Framil Martínez e foi pai de Blanca María, María Isabel e Juan Francisco González Framil. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Categoría:Médicos de Negreira

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Políticos do PCG Categoría:Concelleiros de Negreira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes