Madeo (en ) é un filme surcoreano de 2009 dirixido por Bong Joon-ho e protagonizado por Kim Hye-ja e Won Bin. Conta a historia dunha nai, quen despois de que o seu fillo con discapacidade intelectual fose acusado do asasinato dunha rapaza, tenta atopar o verdadeiro asasino para demostrar a inocencia do seu fillo.

O filme estreouse o 16 de maio de 2009 no Festival de Cannes na sección Un Certain Regard, e estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 28 de maio de 2009. Recibiu moi boas valoracións por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Kim, a dirección e o guión, así como a unicidade do filme.

Personaxes Kim Hye-ja como a nai Won Bin como Yoon Do-joon Jin Goo como Jin-tae Moon Hee-ra como Moon Ah-jung Yoon Je-moon como Je-moon Jeon Mi-seon como Mi-seon Song Sae-byeok como detective Chun Woo-hee como Mi-na Kwak Do-won como Charcoal fire man Kim Jin-goo como avoa de Ah-jung Lee Young-suk como ancián na tenda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Bong Joon-ho Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur