Elena Pintado Martín, nada en Toledo en 1910, foi unha política española.
Traxectoria Veciña de Pontevedra. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 axudou ao seu home Victoriano Costales a fuxir a Portugal e tamén puxo en contacto a Desiderio Comesaña Prado con Antonio García, o chofer que os levou na súa fuxida cara a Portugal.Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (C) Detida, foi xulgada en Vigo en febreiro de 1938 por rebelión militar, e condenada a cadea perpetua. Estivo presa no penal feminino de Saturrarán.Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.BOE, 13-2-1940, p. 743 Foi requirida en agosto de 1943 polo Xulgado Especial de Conmutación de Penas.El Pueblo Gallego, 18-8-1943, p. 2.
Vida persoal Casou con Victoriano Costales Gutiérrez e foi nai de María Elena, Carmen, José Luis e Matilde Costales Pintado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Toledo
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido