miniatura|Represenación esquemática do resultado dun xel dunha electroforese de proteínas As alfaglobulinas son un grupo de proteínas globulares do plasma sanguíneo que son moi móbiles en solucións cargadas electricamente ou alcalinas. Inhiben certas proteases do sangue, mostrando unha actividade inhibidora significativa.

As alfaglobulinas teñen normalmente un peso molecular de arredor de 93 kDa.

Electroforese O fraccionamento electroforético das proteínas sanguíneas mostra seis fraccións que van en orde de mobilidade: prealbumina, seroalbumina, α-globulinas, β1–globulinas, β2–globulinas e γ-globulinas.HASEGAWA, MY et al . Serum protein electrophoresis evaluation in adult broiler breeders (Gallus Gallus Domesticus) of the Avian Farm strain. Rev. Bras. Cienc. Avic. , Campinas, v. 4, n. 3, 2002 . Dispoñible en liña: . Consultado o 19 de marzo de 2008. doi: 10.1590/S1516-635X2002000300004

A concentración media das alfaglobulinas en sangue é de 1,5 g/dl, mentres que a concentración de albumina é aproximadamente de 4,2 g/dl e a das demais proteínas séricas, menor de 0,5 g/dl.

Exemplos As alfaglobulinas divídense nos seguintes dous grupos:

Alfa 1-globulinas α1-antitripsina Alfa 1-antiquimiotripsina Orosomucoide (glicoproteína ácida) Amiloide sérico A Alfa 1-lipoproteína

Alfa 2-globulinas Haptoglobina Alfa 2u-globulina α2-macroglobulin Ceruloplasmina Globulina ligadora da tiroxina Alfa 2-antiplasmina Proteína C Alfa 2-lipoproteína Anxiotensinóxeno Globulina ligadora do cortisol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proteínas sanguíneas Electroforese de seroproteínas

Categoría:Proteínas sanguíneas