Cheryl Rae Tiegs, nada en Breckenridge, Minnesota, o 25 de setembro de 1947 é unha modelo e deseñadora de moda estadounidense. Frecuentemente é descrita como a primeira supermodelo dos Estados Unidos, é coñecida polas súas múltiples aparicións nas portadas de Sports Illustrated Swimsuit Issue e Time e polo seu póster de 1978 cun bikini rosa, que se converteu nunha imaxe icónica da cultura popular de década de 1970.

Traxectoria Tiegs naceu en Minnesota, filla de Phyllis e Theodore Tiegs. A familia mudouse a Alhambra, California, en 1952. Cando estaba no Alhambra High School, Tiegs posou para un anuncio de traxes de baño para a compañía Cole. O anuncio, que apareceu na revista Seventeen, lanzou a súa carreira como modelo. Aínda que se matriculou en inglés na Universidade Estatal de California nos Ánxeles, deixou os estudos para buscar o éxito como modelo.

O éxito chegoulle aos dezasete anos, despois de que a directiva da revista Glamour vise o anuncio de Cole. Tiegs foi contratada para unha sesión de fotos en Saint Thomas con Ali MacGraw, que supuxo a súa primeira portada en Glamour. Ese mesmo ano apareceu nas portadas de Seventeen e Elle. Posteriormente apareceu en Vogue e Harper's Bazaar, entre outras.

Tiegs foi a primeira modelo que apareceu en dúas ocasións na portada de Sports Illustrated Swimsuit Issue, mais a súa sona aumentou en 1978 ao posar cun traxe de baño de malla. Ademais saíu na portada de People catro veces, e tres veces na de Time, destacando especialmente a portada de 1978 do artigo "All-American Model". Un ano máis tarde asinou un contrato de dous anos por un millón e medio de dólares coa empresa de cosméticos CoverGirl, nese momento o maior contrato da historia. En 2004 foi incluída no "Salón da Fama" do corenta aniversario do Sports Illustrated Swimsuit Issue, e en 2008 apareceu na lista de People das cincuenta persoas máis belas, e no artigo de 2012 de Men's Health "100 Hottest Women of All Time".

Vida persoal Tiegs casou en catro ocasións, co executivo de publicidade Stan Dragoti (1970–79); co fotógrafo Peter Beard (1981–83); co aspirante a actor Anthony Peck (1990–94), fillo de Gregory Peck; e co instrutor de ioga Rod Stryker (1998–2001). Tivo tres fillos: Zackary, con Peck, e os xemelgos Theo e Jaden, concibidos mediante maternidade surrogada cando estaba casada con Stryker.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Way to Natural Beauty. Tiegs, Cheryl; Lindner, Vicki. 29 de outubro de 1980. Simon & Schuster. . 284 pp.

Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1947 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América