Ramón Piñeiro Eiriz, finado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1955,La Noche, 25-1-1955, p. 4. foi un empresario e político galego.
Traxectoria Almacenista e empresario téxtil de Pontecesures.Vida Gallega, 10-4-1932, p. 46. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Padrón e nomeado Terceiro Tenente-Alcalde. Logo da dimisión do alcalde Jesús Gómez García, foi elixido alcalde de Padrón o 14 de marzo de 1932.El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 12. Permaneceu no cargo até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Co golpe estivo un tempo agochado. Foi armador dos barcos que navegaban o río Ulla. Era fotógrafo afeccionado.
Vida persoal
Casou con Amparo Sierra Martínez e foi pai de Pilar, Elvira e Amparo Piñeiro Sierra. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Padrón
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1955