François de Callataÿ, nado na vila de Uccle, na rexión de Bruxelas-Capital, o 13 de xuño de 1961, é un historiador da arte, arqueólogo e numismático belga especializado na moeda e na historia monetaria da Antiga Grecia, en particular da época helenística."Callataÿ, François de". En Coins Weekly. 6 de abril de 2016.

Callataÿ é profesor na Universidade Libre de Bruxelas e director de estudos da Escola Práctica de Altos Estudos de París.

Traxectoria François de Callataÿ foi alumno do colexio de Saint-Pierre d'Uccle e posteriormente realizou os seus estudos universitarios de Historia, Arqueoloxía e Filosofía na Universidade Católica de Lovaina (1979-1983), onde, co impulso do arqueólogo e historiador da arte Tony Hackens, se especializou en numismática grega. A súa memoria de licenciatura (1983) versou sobre as emisións monetarias de Alexandre o Grande e a súa tese de doutoramento (1988) sobre as cuñaxes de moeda póntica relacionadas coas campañas militares de Mitrídates VI Eupator, rei do Ponto.

Logo de pasar unha estadía de investigación dun ano (1984-1985) na Escola Francesa de Atenas, en Grecia, como bolseiro da Comunidade Francesa de Bélxica, de camiño acadou a condición de aspirante ao Fondo Nacional de Investigación Científica (1985-1989) e posteriormente a acreditación como investigador (1989-1991).

En outono de 1991 ingresou no Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica, a cuxa dirección accedeu só cinco anos despois (1996-2007). Entre 1997 e 2006, foi nomeado ademais xefe do departamento que agrupa todos os gabinetes museolóxicos da institución (coleccións nacionais de manuscritos, de gravados, e de moedas e medallas). Entre 2006 e 2013, a área baixo a súa dirección ampliouse ao conxunto de todas as coleccións patrimoniais da Biblioteca Real, o que incluía ademais as obras impresas raras, os planos e mapas antigos, e a música. Callataÿ é membro do consello de dirección e do consello científico da institución.

Desde 1998, François de Callataÿ é profesor de Historia Monetaria e Financeira do Mundo Grego na Universidade Libre de Bruxelas, ao mesmo tempo que ocupa o posto de director de estudos da cuarta sección da Escola Práctica de Altos Estudos (Sorbona, París) onde sucedeu a Georges Le Rider. A partir de 2008 é tamén profesor de Cuestións Socioeconómicas da Antigüidade."François de Callataÿ". Université Libre de Bruxelles."François de Callataÿ ". École Practique des Hauts Études. miniatura|François de Callataÿ na conferencia internacional Translatio nummorum, en novembro de 2011, na Academia de Ciencias de Berlín-Brandenburgo. Callataÿ foi invitado a un ciclo de conferencias no Collège de France en 1994, é membro do Instituto de Estudos Avanzados de Princeton desde 2001, foi dúas veces (1995 e 2003) profesor visitante da American Numismatic Society, de Nova york, e unha vez na University of Victoria, en Australia (2015)."François De Callataÿ". Institute for Advanced Study.

En 2017 foi elixido presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e desde ese mesmo ano ocupa o posto de secretario do Consello Internacional de Numismática."Committee of the INC ". No sitio web do CIN.

As súas publicacións (unha ducia de libros e unha gran cantidade de artigos en revistas de máis de 20 países), acerca, sobre todo, da moeda da Antiga Grecia, fixérono merecedor do ingreso en diversas institucións académicas e da recepción dun bo número de premios e medallas.

Academias ás que pertence

1998: Académie royale d'archéologie et d'histoire de l'art de Belgique. 2005: Académie royale des sciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique. 2009: Académie des inscriptions et belles-lettres, de París."Callataÿ, François de ". Académie des Inscriptions et Belles-Letres. 2010: Academia Europaea.

Recoñecementos

1992: Premio Colin Kraay. 1998: Premio Bordin, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres."Prix Bordin ". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 1998: Premio da Sociedade Real de Numismática de Bélxica."François de Callataÿ". Foundation Francqui-Stichting. 1999: Premio Victor Tourneur, da Real Academia Belga. 2004: Premio Engel, da Académie des inscriptions et belles-lettres. 2006: Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 2006: Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. 2007: Premio Francqui, da Fundación Francqui."François de Callataÿ". Foundation Francqui-Stichting [Versión en inglés] [Versión en francés] 2008: Comendador da Orde de Leopoldo II. 2016: Membro honorario da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos. 2021: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."François de Callataÿ receives medal of the Royal Numismatic Society". En Coins Weekly. 3 de xuño de 2021.

Publicacións

Monografías

(1993): L'argent monnayé d'Alexandre le Grand à Auguste (con G. Depeyrot e L. Villaronga). Cercle d'Études Numismatiques. Nº 12. Bruxelas.Recensión deste libro. En Annales. Histoire, Sciences Sociales. 50-5. 1995. Páxinas 1.089-1.091. (1994): Les tétradrachmes d'Orodès II et de Phraate IV. Étude du rythme de leur production à la lumière d'une grosse trouvaille. Studia Iranica XIV. Association pour L'Avancement des Études Iraniennes. París. (1996): Les monnaies grecques et l'orientation des axes. Glaux 12. Ed. Ennerre. Milán.Recensión deste libro. En Schweizer Münzblätter, 48. 1998. (1997). L'histoire des guerres mithridatiques vue par les monnaies. Numismatica Lovaniensia 18. Louvain-la-Neuve.Recensión deste libro. En Habis, 34. 1997. Páxinas 469-470. (1997): Recueil quantitatif des émissions monétaires hellénistiques. Numismatique Romaine. Wetteren. ISBN 90-71165-06-X (1999): Greek and Roman coins from the du Chastel Collection. Coin Cabinet of the Royal Library of Belgium (con J. van Heesch). Londres. Spink and Son. ISBN 1-902040-23-6 (2000): Conférence d'ouverture d'Histoire monétaire et financière du monde grec. París. Sorbonne. ISBN (2001): La monnaie grecque. París. Éllipses (con D. Gerin; M. Amandry e C. Grandjean). ISBN 2-7298-0846-9 (2003): Recueil quantitatif des émissions monétaires archaïques et classiques. Numismatique Romaine. Wetteren. ISBN 90-74623-32-8 (2004): The Coin of Coins (con H. Gitler). Israël Museum. Xerusalén. ISBN 965 278 300 5 (2006): Quantifications et numismatique antique. Choix d’articles (1984-2004). Moneta. Nº 52. Wetteren. ISBN 90-77297-20-0 (2006): Les Séleucides et les Ptolémées. L’héritage monétaire et financier d’Alexandre le Grand (con G. Le Rider). Ed. du Rocher. París. ISBN 2-268-05850-6

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil de Callataÿ en Facebook Vídeo: conferencia "Rencontre avec François de Callataÿ". Acádemie Royale de Belgique: 1ª parte - 2ª parte.

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Arqueólogos de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina Categoría:Profesores da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society