Juan Vázquez Loureda, "Anido", nado en Mugardos en 1922 e finado en Mugardos o 15 de decembro de 2014,Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 16-12-2014, p. 50. foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.
Traxectoria Nos anos corenta foi enlace da guerrilla antifranquista, proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros.Faleceu Juan Vázquez Loureda "Anido" Foi detido en 1950 por aloxar a Francisco Martínez Leira e outro guerrilleiro na súa casa, onde construíron un refuxio na corte. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,"Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5. foi condenado a quince anos. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao Concello de Mugardos polo Partido Comunista de España.La Voz de Galicia, 2-7-1981, p. 36.
Vida persoal Casou con Carmen Filgueiras Vázquez e foi pai de Juan e Dolores Vázquez Filgueiras.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Francisco Martínez Leira, «Pancho» (Parte do lido e dito por Juan Vázquez Loureda, «Anido» na homenagem)
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes