As Casas da Feira é un lugar da parroquia de San Martiño de Cotá no Concello de Friol. O seu nome deriva da feira que se celebraba o día 18 de cada mes nese lugar. Esta feira xa non se celebra aínda que foi moi coñecida durante os séculos XIX e XX, con moitas anécdotas e referencias na prensa. O produto estrela desta feira era o queixo, o que levou a que a aldea fose coñecida co nome de "Cotá dos queixos". As casas e edificacións (entre elas os vellos pendellos da feira) que quedaron ao redor do lugar da Feira coñécense como As Casas da Feira. Neste lugar tamén hai unha fonte e accédese dende a ponte sobre o río Narla que separa o lugar da aldea de Cotá.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cotá
Parroquias de Friol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Friol
Categoría:Lugares de Friol