Bonifacio Sarille Tellado, nado en Castroverde cara a 1894, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba,BOP Lugo, 2-6-1916, p. 1. e despois a Arxentina.Boletín Oficial del Centro Gallego, 28-2-1923, p. 17. Retornado a Castroverde en 1929, foi presidente da Unión de Labradores de Montecubeiro en 1931 e 1936. Nas eleccións municipais de 1931 foi elixido concelleiro agrario de Castroverde pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA). Foi detido en outubro de 1931 xunto con outros seis veciños, acusados do asasinato de Manuel González en Montecubeiro o 11 de outubro.El Progreso, 16-10-1931, p. 1. Volveu ser detido en febreiro de 1932 xunto con José Pereira Calderón, secretario do Sindicato Agrario Republicano de Castroverde, novamente acusados do asasinato por motivos políticos;Vanguardia Gallega, 2-3-1932, p. 4.La Voz de la Verdad, 2-3-1932, p. 5. ás poucas horas, unha manifestación de labregos congregouse en Lugo para esixir a súa liberación.Vanguardia Gallega, 1-3-1932, p. p. 4. Bonifacio Sarille e José Pereira dirixiron unha carta de protesta ao ministro de Xustiza Álvaro de Albornoz.El Pueblo Gallego, 5-3-1932, p. 8. Foi nomeado recadador de cédulas persoais para o concello de Castroverde en 1933.BOP Lugo, 16-10-1933, p. 5. Foi cesado como concelleiro en 1934. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi a Lugo e deseguida fuxiu ao monte. O 29 de xuño de 1937, cando estaba na súa casa, foi rodeado por un grupo de falenxistas e logrou saír do cerco disparando. Ao mes seguinte foi a San Bernabel para advertir ao seu amigo Argimiro Rico Trabada de que fuxise, pois aveciñábase unha gran represión en toda a bisbarra. Non deu co mestre e falou coa súa nai Carmen. Logrou saír de España por Lisboa tras conseguir un pase de fronteira do cuartel do Generalísimo en Salamanca. Exiliouse na Arxentina. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1937,BOP Lugo, 30-10-1937, p. 1. polo que foi condenado a inhabilitación, desterro e pago dunha multa de 11.788,50 pesetas en maio de 1940.BOP Lugo, 10-5-1940, p. 1. En outubro de 1937 tamén reabriron o proceso por asasinato de 1931 no que fora implicado.BOP Lugo, 3-11-1937, p. 3. Impuxéronlle unha multa de 5.000 pesetas polas súas "actividades terroristas" en novembro de 1938.BOP Lugo, 22-11-1938, p. 3. Visitou Galicia en 1955.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Concelleiros de Castroverde Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes