Daniel Jonas, nado no Porto en 1973, é un poeta, dramaturgo e tradutor portugués.

Traxectoria É Mestre en Teoría da Literatura pola Universidade de Lisboa. Profesor e tradutor, vive no Porto.

Traduciu varios autores, como John Milton, Shakespeare, Waugh, Pirandello, Huysmans, Berryman, Dickens, Lowry, Henry James e William Wordsworth.

Sonótono, Nó, Oblívio son libros de sonetos.

Obras

Poesía

Os fantasmas Inquilinos (2005). Cotovia. Sonótono (2006). Cotovia. Nó (2014). Assírio & Alvim. Passageiro Frequente (2013). Língua Morta. Traducido ao polaco por Michal Lipszyc. Bisonte (2016). Assírio & Alvim. Oblívio (2017). Assírio & Alvim. Libro no que regresa ao soneto. Canícula (2017). Língua Morta. Ilustracións de Pieter Bruegel.

Teatro

Nenhures (2008). Cotovia.

Escribiu Estocolmo, Reféns e o libreto Still Frank, todos levados á escena pola compañíaa Teatro Bruto.

Tradución

John Milton (2006). Paraíso Perdido. Cotovia. Eimear McBride (2016). Uma Rapariga É Uma Coisa Inacabada. Elsinore. Malcolm Lowry (2016). Rumo ao Mar Branco. Livros do Brasil.

Premios

2006: Premio PEN de Poesía, por Sonótono. 2012: Premio Europa David Mourão-Ferreira, da Universidade de Bari/Aldo Moro, polo conxunto da súa obra. 2013: Foi tamén un dos sete poetas nomeados para o Premio Europeu da Liberdade, por Passageiro Frequente. 2014: Grande Premio de Poesia Teixeira de Pascoaes da APE, por Nó. 2018: Prmio Literario António Gedeão, por Oblívio. 2019: Premio dst de Literatura, por Oblívio.

Notas

Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1973