Alume é o nome xenérico dunha clase importante de compostos químicos -os sulfatos duplos dodecahidratados— formados polo sulfato dun metal trivalente, especialmente o aluminio (pero tamén cromo ou ferro, ou amonio), e outro dun metal monovalente (sodio, potasio ou prata), de fórmula xeral AB(SO4)2·12H2O.
Xeralmente o termo alume refírese ao alume potásico, KAl(SO4)2·12H2O, ou ao seu equivalente natural, a pedra alume.
Unha característica destacábel dos alumes é que son equimoleculares, porque por cada molécula de sulfato trivalente hai unha molécula de sulfato do outro metal, e cristalizan hidratados con doce moléculas de auga.Alum Group en mindat.org .
O alume potásico é un adstrinxente, e antiséptico. Os antigos gregos e romanos xa o empregaban como adstrinxente e fixador para as tinguiduras.Plinio o Vello (77): "Alumen et plura sunt; Triginta et octo remedium" (Alume, e as súas varias variedades; Trinta e oito remedios), en Naturalis Historia, cap. 52.Dioscórides (70): De Materia Medica. Libro 5, capítulo 123.
A pedra alume tamén se usa, despois de humedecida, como coagulante en pequenas feridas.Arup K. Sengupta (1997): Selective Alum Recovery from Water Treatment Residuals. Denver, Colorado: American Water Works Association. ISBN 978-0-8986-7899-4, p. 48. Ademais, o alume úsase na composición de desodorizantes, xa que as súas propiedades antisépticas eliminan as bacterias que causan mal cheiro, e permiten unha transpiración inodora.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de minerais
Categoría:Sales duplos