Os espazos protexidos de Galiza, ou a rede galega de espazos protexidos, son o conxunto de áreas protexidas pola lexislación vixente no territorio galego. O conxunto de espazos está catalogado baixo figuras estatais, autonómicas, da comunidade europea ou recoñecidas por figuras internacionais. En 2020 os diferentes espazos naturais amparaban un 12% da superficie do territorio terrestre e mariño, que van desde as fragas e serras interiores, lagoas, ríos, esteiros e rías ou augas abertas.

A norma galega está definida na "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza".

Lexislación Galiza ten, por orde do artigo 149.1.23ª da constitución española, potestade para aplicar a política de protección do seu territorio. Iso queda reflectido a través do Artigo 27.30 do estatuto galego. Eses puntos establecen que o goberno galego ten a potestade para declarar e rexer a protección de áreas de interese do seu territorio, sempre dentro do marco lexislativo estatal.

En 2020 a lei que regula os espazos protexidos galegos é a "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza", e a cal traslada o novo marco lexislativo establecido pola lei estatal Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

Clasificación A lexislación galega define as seguintes categorías de espazos protexidos<ref>Lei 5/2019, Tit. II, Cap I, Artigo 22</ref>

CategoríaReserva naturalParques: Parque nacional e Parque naturalMonumento naturalZona húmida protexidaPaisaxe protexidaEspazo protexido Rede Natura 2000Espazo natural de interese localEspazo privado de interese natural

Iso supón trasladar todas as figuras da lexislación estatal, integrar a Rede Natura 2000 dentro da normativa autonómica, e engadir os espazos naturais de interese local e espazos privados de interese natural á lista.

A maiores dos considerados pola lexislación autonómica, cómpre subliñar que a lei estatal suma á lista a categoría de Áreas Mariñas Protexidas.''Lei 42/2007, do 13 de decembro, Tit. II, Cap. II, Artigo 30.

Ademais das figuras concibidas dentro da lexislación estatal, existen convenios internacionais de protección de dinamización de áreas con interese de conservación. Os tratados que foron asinados polo estado español en convencións internacionais e que afectan ao territorio galego son os seguintesSon aqueles indicados na Lei 42/2007, do 13 de decembro no Tit. II, Cap. II, Artigo 30; e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, no Tit. II, Cap. VI.)

Tratados e ConveniosConvenión Ramsar das Zonas húmidas de importancia internacionalLista do Patrimonio da HumanidadeÁreas Mariñas protexidas pola Convenión OSPARXeoparques da UNESCOReservas da Biosfera da UNESCORede Europea de Reserva Bioxenética

Destas, as Zonas húmidas de importancia internacional, os Xeoparques e as Reservas da Biosfera foron integradas ao completo dentro da lei galega do Lei 5/2019, do 2 de agosto.Tal e como se indica na Lei 5/2019, do 2 de agosto, no Tít. II, Cap. VI na Sección de 1 a 3.

Con isto, as categorías baixo as cales se declaran os espazos naturais protexidos galegos, a súa equivalencia dentro do sistema UICN e o seu número son:

Clase Subclase Categoría da UICN Número Reserva Natural Ia/Ib 0 Parques Nacionais e Naturais II 7 (1+6) Monumentos Naturais III 8 Paisaxes Protexidas V 2 Zonas húmidas protexidas V 5 Rede Natura 2000 Zonas de especial protección para as aves V* 16 Zonas Especiais de Conservación V* 59 Lugares de Importancia Comunitaria V* 21 Espazos naturais de interese local VI 8 Espazos privados de interese natural VI 1 Reserva da Biosfera IX 6

Lista da rede galega de espazos protexidos

Reservas naturais A data de 2020 non existía ningún espazo declarado dentro desta categoría.

Parques Os parques, estatais e naturais, declarados no territorio galego son:

+ Nome Figura Area (ha.)Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Parque Nacional 8.332,8Baixa Limia - Serra do Xurés Parque Natural 29.345Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Parque Natural 996Fragas do Eume Parque Natural 9.125Monte Aloia Parque Natural 746O Invernadeiro Parque Natural 5.722Serra da Enciña da Lastra Parque Natural 3.151,67

Monumentos naturais Os Monumentos Naturais declarados no territorio galego son:

+ Sortable table Nome Area (ha.)A Praia das Catedrais 28,94Carballa da Rocha 0,64Costa de Dexo 267Fraga de Catasós 4,52Serra de Pena Corneira 998Souto da Retorta 3,19Souto de Rozabales 1,80Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós 90

Paisaxes protexidas As paisaxes protexidas declaradas no territorio galego son:

+ Sortable table Nome Area (ha.)Penedos de Pasarela e Traba 212Val do río Navea 691

Zonas húmidas protexidas As zonas húmidas protexidas, e que tamén son lugares da convensión Ramsar, declaradas no territorio galego son:

+ Sortable table Nome Area (ha.)Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo 550Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira 2.561Lagoa e areal de Valdoviño 485Ría de Ortigueira e Ladrido 2.920Ría de Ribadeo (Ría do Eo na Convención Ramsar) 1.740

Rede Natura 2000 A lista de espazos da Rede Natura 2000 galega é: Zona de especial protección para as aves (ZEPA) Zonas especiais de conservación en Galicia (ZEC) Lugares de importancia comunitaria en Galicia (proposta de novos espazos ZEC)

Cómpre indicar, que o estado español, que ten dominio sobre das augas abertas das costas galegas, declarou ademais as seguintes ZEPA:

+ Sortable table Nome Código da Rede Natura 2000 Area (km2) Espazo mariño de Punta de Candelaria - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares ES0000495 771,52 Espazo mariño da Costa de Ferrolterra-Valdoviño ES0000496 68,18 Espazo mariño da Costa da Morte ES0000497 3.162,83 Espazo mariño das Rías Baixas de Galicia ES0000499 2.218,65

Espazos naturais de interese local e Espazos privados de interese natural Os ENIL e EPIN declarados no territorio galego son:

+ Sortable table Nome Figura Area (ha.) Ecosistema dunar Praia América-Panxón Espazo natural de interese local 3,58Illas de San Pedro Espazo natural de interese local 10,40 Loio-Ruxidoira Espazo natural de interese local 437 Puzo do Lago Espazo natural de interese local 30,6 Ribeiras do Mero-Barcés Espazo natural de interese local 197Río Gafos Espazo natural de interese local 49,80 Voutureira Espazo natural de interese local 183,78Xunqueira de Alba Espazo natural de interese local 67 Sobreiras do Faro Espazos privados de interese natural 9,72

Figuras internacionais Reservas da Biosfera As Reservas da Biosfera declaradas na súa totalidade no territorio galego, ou con parte neste, son: Nome Interterritorial AreaÁrea de Allariz Non 21.482As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Non 116.724,3Gerês-Xurés Si (galego-portugués) 330.874 Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá Non 53.664 Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel Non 306.534,77Río Eo, Oscos e Terras de Burón Si (galego-asturiana) 159.379 Terras do Miño Non 363.668,9

Áreas OSPAR As áreas OSPAR do litoral da costa galega, ou próximas a esta, son:

Nome da Área Mariña ProtexidaParque Nacional das Illas AtlánticasBanco de Galicia Espazo mariño da Costa da Morte Espazo mariño da Costa de Ferrolterra - Valdoviño Espazo mariño das Rias Baixas de Galicia Espazo mariño de Punta de Candelaira - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Categoría:Áreas protexidas de Galicia