Megan Boone, nada en Petoskey (Míchigan) o 29 de abril de 1983, é unha actriz estadounidense. É coñecida no seu papel como Elizabeth Keen, unha axente do FBI na serie da NBC titulada The Blacklist. Tamén traballou regularmente nas series Law & Order: LA e Blue Bloods. Ten aparecido en películas como My Bloody Valentine 3D ( 2009) e Step Up Revolution (2012)
Traxectoria
Primeiros anos e formación Aínda que naceu en Míchigan, de moi nova, seus pais trasladáronse a The Villages, Florida, para estar máis preto dos seus avós. O seu avó, H. Gary Morse, foi o promotor de The Villages, e a súa nai, Jennifer Parr, era Directora de Vendas.
Boone di que se "enganchou" á actuación cando, con sete anos, os seus avós levárona a Nova York para ver unha obra de Broadway protagonizada por Nathan Lane.
En 2005, formouse na Escola de Teatro da Universidade Estatal de Florida cunha licenciatura en Belas Artes (BFA) en actuación. Boone estudou drama e interpretación técnica con Jane Alexander e Edwin Sherin no Asolo Repertory Theatre e traballou co dramaturgo Mark Medoff. Boone acreditou que Alexander a aconsellara que continuase actuando cando, ao comezo da súa carreira, pensara en abandonar e, posteriormente, coincidiu con ela en varios episodios de The Blacklist. Tras obter o seu diploma, marchou a Londres a estudar arte dramática e intepretación do teatro de Shakespeare e traballou con profesores da Royal Academy of Dramatic Art e da Royal Shakespeare Company.
A finais de 2017, Boone comezou a estudar un MBA en Sostibilidade no Bard College.
Carreira profesional Tras acturar nunha curtametraxe, Elijah, filmada en 2001 cando era estudante na Universidade estatal de Florida, debutou profesionalemente en 2007 en teatro como protagonista nos Ánxeles na obra de Charles L. Mee Limonade Tous Les Jours e gañou dous premios LA Weekly Theatre pola súa actuación.
Boone debutou nas longametraxes coa película de terror My Bloody Valentine 3D (2009) e, a seguir, actuou nun papel secundario en Sex and the City 2 en 2010. Durante 2010, traballou na serie televisiva Law & Order: LA na que representou a fiscal adxunta do distrito Lauren Stanton. Ese mesmo ano, Boone debutou na dirección co filme independente Eggshells for Soil, rodando parte das escenas en The Villages. Tamén apareceu en Step Up Revolution (2012), a cuarta película da serie Step Up.
Boone, máis tarde recibiría un papel protagonista no drama independente Leave Me Like You Found Me (2012), polo que gañou o premio Gen Art Film Festival á mellor actriz. En 2013, tivo un papel recorrente na serie de drama policial CBS, Blue Bloods e, ese mesmo ano, conseguiu o papel protagonista da axente do FBI, Elizabeth Keen, na serie da NBC, The Blacklist. A serie tivo moito éxito tanto de crítica como de público, incluíndo boas puntuacións nas listaxes do mercado de vídeos.
Vida persoal En novembro de 2015, o seu representante confirmou que ela mailo artista Dan Estabrook esperaban o seu primeiro fillo xuntos. En xaneiro de 2016, durante unha aparición en Live! wit Kelly and Michael, Boone revelou que esperaban unha nena, que naceu en abril do mesmo ano
Despois do nacemento da súa filla, implicouse cada vez máis na concienciación sobre asuntos medioambientais. En xaneiro de 2017, creou a Fundación Caroline Agnes.org, coa que pretende proporcionar aos pais opcións de entrega de agasallos para os seus fillos que sexan ambientalmente seguros.
Filmografía
Películas AnoTítuloFunciónNotas2001ElijahAbigailCurtametraxe2007The Mustachioed Bandit Meets His EndKate2009My Bloody Valentine 3DMegan2010The Myth of the American SleepoverKerri Sullivan2010Eggshells for SoilProfesoraCurtametraxe. Tamén directora, escritora e produtora.2010Sex and the City 2Allie2012Step Up RevolutionClaire Asa2012About CherryJake2012Leave Me Like You Found MeErinPremio á mellor actriz no Gen Art Film Festival2013Welcome to the JungleLisa2017Family GamesSloaneO filme foi liberado en 20182018Cred Talk
Televisión AnoTítuloFunciónNotas2008The CleanerRaeEpisodio: "Five Little Words"2008Cold CaseHelen McCormick '60Episodio: "Wings"2010Harvard Medical SchoolNell LarsonEpisodio piloto2010HMS: White CoatNell LarsonFilme televisivo2010–2011Law & Order: LADDA Lauren Stanton7 episodios2013Blue BloodsDetective Candice McElroy2 episodios2013–2021The BlacklistElizabeth Keen147 episodiosAínda que a serie ten emitido uns 152 episodios, Megan Boone apareceu só en 147 por mor do seu embarazo. Non apareceu nos episodios do 19 ao 22 da terceira temporada e tampouco aparece, co personaxe adulto, no episodio 17 da cuarta.2014Robot ChickenHannah Horvath / Kelly Garrett / Zira / Angie2 episodios2017The Blacklist: RedemptionElizabeth Keen2 episodios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en IMDb
Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no condado de Emmet, Míchigan Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Florida