A serra do CareónFicha en turismo.gal. é unha serra e que pertence á dorsal galega e que separa a Terra de Melide das comarcas de Lugo e da Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos, e nela nacen o río Furelos e o río Seco, afluentes do río Ulla.

Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na Península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón.

Xeografía e xeoloxía Orografía Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón. Hidrografía Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla. Xeoloxía Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de ollo de sapo e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na Península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.

Notas

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Careon Categoría:Friol Categoría:Melide Categoría:Palas de Rei Categoría:Santiso Categoría:Toques