A síndrome de Down (SD) é unha síndrome xenética causada pola trisomía do cromosoma 21, que se acompaña dun grao variable de atraso mental. É a causa coñecida máis frecuente de discapacidade psíquica conxénitaA síndrome de Down pode ser "herdada" ou "conxénita" (aparece durante o desenvolvemento do embrión). e debe o seu nome a John Langdon Haydon Down quen foi o primeiro en describir esta condición en 1866, aínda que nunca soubo as causas que a producían. Será en xullo de 1958 cando un investigador novo, Jérôme Lejeune, descubra que a síndrome é unha alteración no par de cromosomas 21.
A Asemblea das Nacións Unidas proclamou en 2011 o día 21 de marzo como o Día Mundial da Síndrome de Down, co obxectivo de promover a concienciación da sociedade sobre esta enfermidade, lembrando a dignidade inherente, a valía e as contribucións destas persoas. Asemade, quixo salientar a importancia da súa autonomía e independencia individual, con liberdade para adoptar as súas propias decisións .
Xenética
As células do ser humano no seu núcleo teñen cadansúas 23 parellas de cromosomas. Cada proxenitor achega a súa descendencia a metade da información xenética, é dicir un cromosoma de cada par. Destas parellas, as 22 primeiras denomínanse autosomas e a última pertence ós chamados cromosomas sexuais (X ou Y).
Tradicionalmente as parellas de cromosomas descríbense e noméanse en función do seu tamaño, do par 1 ó 22 (de maior a menor), máis o par de cromosomas sexuais antes mencionado. O cromosoma 21 é o máis pequeno, en realidade, polo que debería ocupar o lugar 22, pero un erro na convención de Denver do ano 1960, atribuíndo a síndrome de Down á parella 21 mantívose ata hoxe, conservándose por razóns prácticas esta nomenclatura.
O cromosoma 21 contén aproximadamente o 1% da información xenética dun individuo en aproximadamente 400 xenes, aínda que hoxe en día só se coñece con precisión a función duns poucos.
Trisomía libre
Código CIE-10: Q90.0
A síndrome de Down prodúcese pola aparición dun cromosoma máis na parella 21 orixinal (tres cromosomas: "trisomía" do par 21) nas células do organismo. A nomenclatura científica para ese exceso cromosómico é 47, XX,+21 ou 47, XY,+21; segundo se trate dunha muller ou dun home, respectivamente. A maioría das persoas con esta síndrome (95%), deben o exceso cromosómico a un erro durante a primeira división meiótica (aquela pola que os gametos -óvulos ou espermatozoides- perden a metade dos seus cromosomas) chamándose esta variante, "trisomía libre" ou regular. O erro débese neste caso a unha separación incompleta do material xenético dalgún dos proxenitores: na formación habitual dos gametos o par de cromosomas sepárase, de modo que cada proxenitor só transmite a información dun dos cromosomas de cada parella, pero cando non se produce a separación transmítense os dous cromosomas.
Non se coñecen con exactitude as causas que orixinan a disxunción errónea. Como noutros procesos similares propúxose hipóteses multifactoriais (exposición ambiental, avellentamento celular…) sen que se conseguise establecer ningunha relación directa entre algún axente causante e a aparición da trisomía. O único factor que presenta unha asociación estatística estable coa síndrome é a idade materna, o que parece reafirmar as teorías que insisten na deterioración do material xenético co paso do tempo. miniatura|dereita|300px|Translocación do brazo curto do cromosoma 21 nun dos dous cromosomas do par 14. Nun 15% dos casos, o cromosoma extra é transmitido polo espermatozoide e no 85% restante, polo óvulo."La formación de los gametos –óvulo u ovocito y espermatozoide–, el proceso de la meiosis y la formación de trisomías por no-disyunción", Fundación Iberoamericana Down21 Consultada o 27/05/2007.
Translocación
Código CIE-10: Q90.2
Despois da trisomía libre, a causa máis frecuente de aparición do exceso de material xenético é a translocación. Nesta variante o cromosoma 21 extra (ou un fragmento do mesmo) atópase "pegado" a outro cromosoma (habitualmente a un dos dous cromosomas da parella 14), co que o reconto xenético amosa unha cifra de 46 cromosomas por cada célula. Neste caso non existe un problema coa disxunción cromosómica, mais un deles porta un fragmento "extra" cos xenes do cromosoma "translocado". Para os efectos de información xenética segue tratándose dunha trisomía 21 porque se duplica a dotación xenética dese cromosoma.
A frecuencia desta variante é aproximadamente dun 3%3,37% para o CMD, Josep M. Corretger et al (2005). Síndrome de Down: Aspectos médicos actuais. Ed. Masson, para a Fundación Catalá da Síndrome de Down. de todas as SD e a súa importancia estriba na necesidade de facer un estudo xenético aos proxenitores para comprobar se un deles é un portador asintomático da translocación, ou se esta apareceu por primeira vez no embrión. Existen portadores "sans"" de translocacións, nos que o reconto é de 45 cromosomas, estando un deles translocado, ou pegado, a outro.
Mosaicismo
Código CIE-10: Q90.1
A forma menos frecuente de trisomía 21 é a denominada "mosaico" (en torno ó 2%2,06% en CMD, Josep M. Corretger et al (2005). Síndrome de Down: aspectos médicos actuais. Ed. Masson, para a Fundación Catalá da Síndrome de Down. dos casos). Esta mutación prodúcese trala concepción, polo que a trisomía non está presente en todas as células do individuo con SD, só naquelas procedentes da primeira célula mutada. A porcentaxe de células afectadas pode abranguer dende unhas poucas a practicamente todas, dependendo do intre no que se producise a segregación anómala dos cromosomas homólogos.
Expresión do exceso de material xenético
A expresión bioquímica da síndrome consiste no aumento de diferentes enzimas. Unha das máis coñecidas e importantes é a superoxidodimutasa (codificada polo xene SOD-1), que cataliza o paso do anión superóxido a peróxido de hidróxeno. En condicións normais isto contribúe ó sistema de defensa antioxidante do organismo, pero o seu exceso determina a acumulación de H2O2, o que pode provocar peroxidación de lípidos e proteínas e mancar o ADN. Outros xenes implicados na aparición de trastornos asociados á SD son:Human Chromosome 21 Consultada o 26/05/2007 COL6A1: A súa expresión incrementada relaciónase con defectos cardíacos; ETS2: A súa expresión incrementada pode ser causa de alteracións músculo esqueléticas; CAF1A: A presenza incrementada deste xene pode interferir na síntese de ADN; Cystathione Beta Synthase (CBS): O seu exceso pode causar alteracións metabólicas e dos procesos de reparación do ADN; DYRK: No exceso de proteínas codificadas por este xene parece estar a orixe do atraso mental; CRYA1: A súa sobreexpresión pode orixinar cataratas (opacidade precoz do cristalino); GART: A expresión aumentada deste xene pode alterar os procesos de síntese e reparación do ADN; IFNAR : É un xene relacionado coa síntese de interferón, polo que o seu exceso provoca alteracións no sistema inmune.
Historia da síndrome de Down
O dato arqueolóxico máis antigo do que se ten noticia sobre a síndrome de Down é o achado dun cranio saxón do século VII d.C., no que se describiron anomalías estruturais compatibles cun home coa síndromePueschel SM. A historical viewpoint: Down Syndrome growing and learning. Down Syndrome. Human potentials for children series. Kansas City: Pueschel SM editor Canning, Murphy, Zaumer, Andrews and Mc Meel, Inc. 1981: 37-39.. Tamén existen referencias a certas esculturas da cultura olmeca que poderían representar a persoas afectadas pola SD.
A pintura ó temple sobre madeira A Virxe e o Neno de Andrea Mantegna (1430-1506) parece representar un neno con trazos que evocan os da trisomíaA Virxe e o Neno, de Andrea Mantegna (1430-1506). Museum of Fine Arts, George Nixon Black, Fund., Boston., así como o cadro de Sir Joshua Reynolds (1773) Lady Cockburn e os seus fillos, no que aparece un dos fillos con trazos faciais típicos da SDPueschel SM. Síndrome de Down. Hacia un futuro mejor. Fundación Síndrome de Down de Cantabria. España: Masson. 1991: 31-36. Non obstante, o fillo representado no cadro chegou a Almirante da mariña británica (Sir George Cockburn), polo que varios autores dubidan que padecese a síndrome..
miniatura|esquerda|300px|Lady Cockburn e os seus fillos, de Sir Joshua Reynolds. O neno ás costas de Lady Cockburn presenta algúns trazos compatibles coa SD.
O primeiro informe documentado dun neno con SD atribúese a Étienne Esquirol en 1838Sindoor SD. Down syndrome. A review of the literature. Oral Surg Oral Med Oral Pathol Oral Radiol Endod 1997; 84: 5279-5285., denominándose nos seus inicios cretinismoO cretinismo é o nome que se lle dá ó atraso mental de causa tiroide (déficit de hormonas tiroides). A confusión é froito da elevada prevalencia de casos de hipotiroidismo nos rapaces con SD. ou idiocia furfurácea. P. Martin Duncan en 1886 describe textualmente a unha nena de cabeza pequena, redondeada, cos ollos achinados, que deixaba colgar a lingua e apenas pronunciaba unhas poucas palabrasScheerenberger RC. A history of mental retardation. Baltimore: Paul H. Brookes Publishing Co. 1983: 56-58..
Neste ano o médico inglés John Langdon Down traballaba como director do Asilo para Atrasados Mentais de Earlswood, en Surrey, realizando un exhaustivo estudo a moitos dos seus pacientes. Cos datos obtidos nese estudo publicou no London Hospital Reports un artigo titulado: “Observacións nun grupo étnico de atrasados mentais” no que describía pormenorizadamente as características físicas dun grupo de pacientes que presentaban moitas similitudes, tamén na súa capacidade de imitación e no seu sentido do humor.
As primeiras descricións da síndrome atribuían a súa orixe a diversas enfermidades dos proxenitores, establecendo a súa patoxenia en base a unha involución ou retroceso a estadios filoxenéticos máis "primitivos". Algunha teoría máis curiosa indicaba a potencialidade da tuberculose para rachar a barreira de especie, de modo que pais occidentais podían ter fillos "orientais" (ou "mongólicos", en expresión do propio Dr. Down, polas similitudes faciais destes individuos coas razas nómades do centro de Mongolia). Tras varias comunicacións científicas, finalmente en 1909 G. E. Shuttleworth menciona por primeira vez a idade materna avanzada coma un factor de risco para a aparición da síndromeShuttelworth: Mongolian imbecility. Brit. Med. J., 2:661, 1909. De camiño á denominación actual a síndrome foi renomeado como idiocia calmuca ou nenos inconclusos.
No que respecta a súa etioloxía, é no ano 1932 cando aparece a primeira referencia a unha repartición anormal de material cromosómico como posible causa da SDCarnevale A. Aspectos xenéticos da Síndrome de Down. I Ciclo de conferencias sobre Síndrome de Down. México: Instituto John Langdon Down 1973: 42-43.. En 1956 Tjio e Levan demostran a existencia de 46 cromosomas no ser humano e pouco despois, no ano 1959, Lejeune, Gautrier e Turpin demostran que as persoas con SD portan 47 cromosomas.