Jean Paul van Poppel, nado en Tilburg o 30 de setembro de 1962, foi un dos grandes ciclistas holandeses profesionais.

Traxectoria Desde que no ano 1985 conseguiu a súa primeira vitoria profesional ó vencer nunha tirada da Volta a Dinamarca conseguiu 94 vitorias. Especialista en vencer ó sprint, 1987 foi o seu grande ano, ó ser o primeiro da clasificación por puntos do Tour de Francia e vencer dúas tiradas, ademais de tres na Volta a Suecia e dúas dos Catro días de Dunquerque. Retirouse en 1995.

Categoría:Ciclistas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Brabante do Norte Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Directores deportivos de ciclismo