Sorg og glæde é un filme dinamarqués de 2013 dirixido por Nils Malmros. O filme autobiográfico conta o acontecemento tráxico no que a muller de Malmros, que padece de trastorno bipolar, matou a súa filla pequena cun coitelo. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O director de cine Johannes está casado coa mestra de escola Signe, que padece de trastorno bipolar. Tras volver á casa despois de estar ingresada, Signe matou a súa filla de nove meses. O filme conta como se coñeceron Johannes e Signe e que pasou despois.

Os feitos reais vivifos polo director Nils Malmros tiveron lugar en 1984.

Personaxes Jakob Cedergren como Johannes Helle Fagralid como Signe Ida Dwinger como Else Kristian Halken como Laurits Nicolas Bro como Birkemose Helle Hertz como nai de Johannes Niels Weyde como pai de Johannes Søren Pilmark como avogado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Nils Malmros Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre psiquiatría