A intertrixe (do latín ínter- e tereré, "fregar") é unha dermatose ou enfermidade dos pregues da pel, causada pola fricción ou rozamento mutuo e repetido das superficies contrapostas, maila humidade e a infección engadida por bacterias, fermentos ou fungos, a máis común das cales débese á infección por Candida albicans.Dorland. Diccionario enciclopédico ilustrado de medicina. Elsevier, España, 2005. ISBN 8481747904, 9788481747904. É a forma máis común do eritema traumático.
Maniféstase por unha maceración da pel con fisuras, exudado, erupción e rubor das áreas afectadas con ardor ou prurito.
É unha complicación común en nenos e en doentes con obesidade, con hipertrofia mamaria ou con incontinencia urinaria, e as áreas máis afectadas son a rexión inguinocrural, a submamaria, as axilas e as pregaduras interdixitais.
O tratamento está orientado a evitar os factores etiolóxicos, é dicir, o roce e a humidade, así como o uso dun medicamento antimicrobiano segundo o axente infeccioso involucrado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Falabella Falabella, Rafael. Dermatoloxía. Fundamentos de Medicina. Corporación para las Investigaciones Biológicas, 2002. ISBN 9589400566, 9789589400562.
Categoría:Doenzas da pel