Castanopsis sclerophylla é unha especie da familia das fagáceas pertencente ao xénero Castanopsis, propia da China. É unha árbore perennifolia que pode alcanzar até os 20 m de altura.Castanopsis sclerophylla en temperate.theferns.info . Consultada o 4 de xullo de 2020.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1912 polo botánico alemán Ernst Max Schottky nun traballo publicado en Bot. Jahrb. Syst. 47: 638.Castanopsis sclerophylla Schottky no GBIF. Consultada o 4 de xullo de 2020 .

Sinónimos Ademais de polo seu nome válido hoxe, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Castanopsis sclerophylla en Flora of China, Consultada o 4 de xullo de 2020 . Castanopsis chinensis (C.Abel) Schottky Lithocarpus chinensis (C.Abel) A.Camus Quercus chinensis C.Abel Quercus cuspidata var. sinensis A.DC. Quercus sclerophylla Lindl. & Paxton Synaedrys sclerophylla (Lindl. & Paxton) Koidz.

Características As principais características desta especie son:

Son árbores coas pólas e as láminas foliares glabras. Os abrochos xoves son de cor parda avermellada, lixeiramente angulados. O pecíolo das follas mide de 1,5 a 2.5 cm, a lámina da folla é oblonga, ovada-elíptica ou obovada-elíptica, de 7 a 15 cm de lonxitude, coriácea, de cor verde que se vai volvendo gris prateado coa idade. O raques das inflorescencias son glabros. A feminina mide uns 15 cm. A infrutescencia mide de 8 a 15 cm. Florece en abril-maio, e frutifica en outubro-novembro.

Hábitat e distribución Forma bosques desde os 200 até os 1000 m de altitude, nas provincias de Anhui, Fujian, Guangxi, o nordeste de Guizhou, Hubei, Hunan, Jiangsu, Jiangxi, o leste de Sichuan e Zhejiang.

Uso Esta árbore aprovéitase na natureza para uso local como alimento, xa que os seus froitos (noces) son comestíbeis, como medicina tradicional chinesa, e probabelmente tamén como fonte de materiais. Ás veces cultívase como ornamental.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fagáceas Castanopsis

Categoría:Castanopsis