miniatura|Rhineura floridana (réptil anfisbénido); a glándula de Harder está indicada como H. gl. no diagrama B (corte horizontal da cabeza) e C (corte horizontal a través do ollo dereito). A glándula de Harder é unha glándula que se encontra na órbita do ollo que aparece en tetrápodos (réptiles, anfibios, aves e mamíferos) que posúen membrana nictitante. Non existe na especie humana.
Esta glándula pode ser tubular ou tubuloalveolar composta e o fluído que segrega (mucoso, seroso ou lipídico) varía entre diferentes grupos animais. Nalgúns animais actúa como accesoria da glándula lacrimal, segregando un fluído que facilita o movemento da membrana nictitante. Tamén se propuxo que ten outras funcións, como ser un órgano fotoprotector, un lugar para a resposta inmune, unha fonte de lípidos termorregulatorios, unha fonte de feromonas, un lugar de osmorregulación, entre outras. En mamíferos, esta glándula segrega unha substancia oleosa usada para coidar o pelame. A presenza ou ausencia do espazo desta glándula é unha das pistas que usan os paleontólogos para determinar cando evolucionou o pelame nos antepasados dos mamíferos.
A glándula de Harder foi descrita por primeira vez en 1694 polo anatomista suízo Johann Jacob Harder (1656–1711), o cal documentou os seus descubrimentos nunha publicación titulada Glandula nova lachrymalis una cum ductu excretorio in cervis et damis, ("Unha nova glándula lacrimal cun conduto excretor en cervos e gamos").
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Harderian Gland of Wistar Rats Revised as a protoporphyrin IX producer de Edmyr Rosa dos Reis, et al.
Categoría:Anatomía dos vertebrados Categoría:Ollo