Hay Day é un videoxogo para móbiles tipo freemium de agricultura desenvolvido e publicado por Supercell. Hay Day foi lanzado para iOS o 21 de xuño do 2012 e para Android o 20 de novembro do 2013. Segundo un informe de 2013, Supercell gañou 30 millóns de dólares ao mes grazas a Hay Day e a Clash of Clans, outro xogo creado por Supercell. No 2013, Hay Day foi o cuarto xogo máis alto en ingresos xerados.

Trama

O tío do xogador decide xubilarse e deixar unha granxa, pero le ofrece ao xogador a oportunidade de quedársela e cuidarla. O xogo comenza coa presentación dun espantallo que ensina ao xogador acerca da colleita do trigo. Ao vender cultivos e produtos, o xogador gañará moedas que poderán usarse para comprar edificios de produción, mascotas e artigos de decoración. Ao facelo, tamén obterá puntos de experiencia (EXP), que permiten subir de nivel. A medida que avance o xogo, Angus, un amigo do tío do xogador, será introducido na trama e ensínalle sobre a pesca.

Os xogadores poden agruparse en "veciñanzas", onde os membros poden axudarse mutuamente cando o necesiten, conversar entre eles ou doar artigos, entre outros. Só poderán doar 20 obxectos ao día e pedir cousas cada 12 horas.

Xogabilidade

Varios cultivos son desbloqueados nas diferentes etapas do xogo; cultivos como o trigo e os plátanos, e árbores froiteiras e arbustos. O xogador tamén pode comprar animais de granxa, pescar e capturar animais acuáticos como peixes, lagostas e patos; e comprar animais de compañía que deben ser alimentados para obter EXP. O xogador tamén pode aumentar os terreos da súa granxa noutras etapas.

Recepción

PublicaciónCualificaciónGamezeboMetacritic67/100Pocket Gamer

Pocket Gamer outorgoulle un premio de bronce. Na Google Play ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción de 4,5 sobre 5.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Hay Day en Inglés Soporte de Hay Day en Español Hay Day no YouTube

Hay Day no Reddit Hay Day no Instagram

Categoría:Videoxogos de 2012 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia Categoría:Videoxogos Free-to-play Categoría:Videoxogos de estratexia