Ceca de Lugdunum Áureo de Augusto260x260pxAVGVSTVS DIVI • F; cabeza laureada cara á dereita.LEG IIII FL, Apolo Citaredo con lira; ACT no exergo.Áureo. Ceca de Lugdunum. Cuñado en 10 a. de C. 7,83 g. RIC 192a.

A ceca de Lugdunum, coñecida tamén como segunda ceca imperial, foi un obradoiro monetario do Imperio Romano creado o 15 a. de C. na cidade de Lugdunum (a actual Lión), capital da Galia, a partir da reorganización do sistema monetario imperial por parte de Augusto.Le Mer, A. C.; Chomer, C. (2007). Páxinas 224-225. Co tempo converteuse nunha das cecas máis salientables da antiga Roma e cuñou unha grande variedade de tipos de moeda romana."Knowing the Roman imperial mints: VIII- Lugdunum". Aeternitas Numismatics."Ceca de Lugdunum". Tesorillo.com

Historia

Primeira época: de Augusto a Vespasiano

Ceca de Lugdunum Denario de Augusto260x260pxCAESAR AVGVSTVS DIVI F PATER PATRIAE; cabeza laureada cara á dereita.AVGVSTI F COS DESIG PRINC IVVENT, Princeps iuventius en pé, con escudo e lanza, e simpulus e lituus encima. C L CAESARES no exergo.Denario. Ceca de Lugdunum. Cuñado en 14 a. de C. 3,85 g. RIC I 207.

En Lugdunum comezou a funcionar un obradoiro monetario en 43 a. de C., o mesmo ano de fundación da cidade. As súas primeiras emisións producíronse baixo Lucio Munacios Planco (87 a. de C. 15 d. de C.) como gobernador da Galia. Cando en novembro de 43 a. de C., Marco Antoino toma o poder como gobernador da Gallia Comata (a Galia céltica transalpina), ordenou dúas emisións de quinarios de prata, a primeira en decembro dese mesmo ano e a segunda en xaneiro de 42 a. de C."Sale: CNG 64. Lot: 845". Classical Numismatic Group. As sucesivas emisións entre os anos 40 e 36 corresponderon xa ao mandato de Agripa. En 36 a. de C. cuñáronse moedas de bronce cos bustos acaroados de Xulio César e de Octavio cunha proa de galera no anverso."Sale: CNG 112. Lot: 101". Classical Numismatic Group. A partir do ano 40 coñécense tamén algunhas emisións a nome de Octavio.Este primeiro obradoiro foi promovido á categoría de ceca imperial por Octavio Augusto en 15 a. de C., e converteuse de camiño nunha das cecas máis importantes do Imperio. Viuse na obriga de ampliar as súas dimensións, co fin de poder pagar aos soldados estacionados na Galia e nas rexións do Rin, evitando así que se tivesen que transportar desde Roma grandes cantidades de diñeiro en moedas cuñadas nesa cidade.Duncan-Jones, R. (1994). "Coinage and currency: an overview". Páxina 99.

Entre 15 a. de C. e 64 d. de C., baixo os mandatos de Tiberio, Calígula, Claudio e Nerón, a ceca de Lugdunum foi a única de todo o Imperio Romano que cuñou moeda de ouro e de prata. Con todo, non resulta doado atopar mostras de cuñaxes pertencentes a determinados períodos, como é o caso dos mandatos de Claudio ou de Nerón. O principal argumento a favor da existencia de cuñaxes de Lugdunum nestes períodos radica na perfecta continuidade do estilo entre as cuñaxes de ouro e de prata de Calígula e de Claudio. Ademais, moitas das moedas foron cuñadas no Santuario das tres Galias (Ara trium Galliarum), o que supón unha marca contundente da orixe destas cuñaxes.Giard, J-B. (2000). Páxina 22. Así e todo, algúns investigadores subliñan que a rareza dos exemplares coñecidos debilita tal argumento.Giard, J-B. (2000). Páxina 23.

É máis difícil confirmar a produción de moeda lionesa baixo Nerón, aínda que existe un consenso científico en atribuír a esta ceca todas as moedas divisionarias de bronce dotadas dun pequeno globo baixo a efixie do anverso.Giard, J-B. (2000). Páxina 24. E despois de Nerón, as certezas son cada vez menores, mais a maioría dos especialistas estiman que a produción de moeda baixo Nerón continuou no período de Galba.Giard, J-B. (2000). Páxina 25. Pola contra, non parece que houbese cuñaxe ningunha baixo Otón, que tería cuñado unicamente na ceca de Roma.Giard, J-B. (2000). Páxina 27.

Logo dun período sen actividade, o obradoiro monetario foi reaberto por Vitelio, para a cuñaxe de moedas de ouro e de prata.Giard, J-B. (1998). "Vitelius" Páxinas 26-30. Nese momento aparece un estilo moi definido, non só nesas moedas senón tamén nas de bronce. A certeza desta reapertura apóiase na cantidade de dupondios e de ases no territorio da antiga Galia, xa que semella pouco probable que outra cidade á parte de Lugdunun acollese a ceca nesta rexión. miniatura|Denario de Lugdunum a nome do usurpador Clodio Albino. Ca. 195-197.RIC IV 20b.

Segundo período A ceca pechou en 78 e non reabriu máis que dun xeito efémero en 197, para cuñar unha serie monetaria a nome de Clodio Albino, procedente de Bretaña, que parou en Lugdunm para preparar o seu asalto contra Roma. A ceca tivo que reactivarse en pouco tempo para este mester e funcionou só durante uns meses.Giard, J-B. (2000). Páxinas 162-263. A partir de aí, non foi ata o século III d. de C., baixo Aureliano (probablemente en 274), cando o obradoiro retomou o seu labor dun xeito regular, por mor da renovada actividade das lexións, ás que cumpría pagar en momentos tan convulsos. Nesa época, a ceca de Lugdunum retomou o seu papel capital na produción de moeda imperial. Porén, a partir de 294, o poder imperial decidiu establecer un novo obradoiro monetario en Augusta Treverorum (Tréveris), o que levou a ceca lionesa ao rango de obradoiro monetario complementario. A súa produción mantívose durante o século IV e ata o comezo do século V, cara a 413.

Moedas cuñadas Estas son as denominacións das moedas cuñadas na ceca de Lugdunum en diversos momentos da súa historia:

43 a. de C. - 78 d. de C.: quadrans, semis, ás, dupondio, sestercio, denario, quinario e áureo. 196-197: denario. 274-413: nummus, follis, antoniniano, tremissis e sólido.

Marcas de ceca A reforma levada a cabo por Diocleciano xeneralizou o uso das marcas de ceca para informar da procedencia das moedas, xeralmente presentes no exergo dos reversos. Estas son as máis frecuentes das utilizadas pola ceca de Lugdunum para as moedas de ouro, de prata e de bronce, en función da época:"Lugdunum: Lyon, France". Forum Ancient Coins. PeríodoOuroPrataBronce256-294Sen marcaSen marcaL, LVG, SML300-310LC313-350LG336-392LVG340-351LG340-375LVG348-363FOLG, GPLG, LPLG, PPLG, MPLG, RPLG351-353NLVGSPRLG353-367SMLVGLG360-363LVGDLVGDOFF360-418LVG, LVGV367-375SMLAPLVGA, LVGP,LVGPR, LVGS378-395LVGPS388-411COM417-418COMBLDPS, LDPV, SMLD

Localización O establecemento monetario non deixou rastro arqueolóxico ningún. Podería estar situado nas proximidades do lugar onde se estableceu a gornición romana. De feito, a inscrición epigráfica da tumba dun lexionario revelou que este fora asignado á cohors XVII lugdunensis ad monetam, e tal expresión suxire o papel particular desa cohorte, como garantía da seguridade do obradoiro monetario.C. Germain de Montauzan (1908). Les aqueducs antiques de Lyon: étude comparée d'archéologie romaine. Leroux. París. Páxinas 20-21.

Malia a ausencia de datos arqueolóxicos concluíntes, é plausible relacionar as instalacións da ceca co outeiro de Fourvière, no actual distrito lionés de Saint-Just. A coñecida como Grotte Bérelle (unha gran cisterna soterrada de orixe galo-romana, cuns 440 m3 de capacidade) podería ter sido a reserva de auga para a cohorte urbana asignada á seguridade da ceca. CIL XIII, 1499.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cecas da Antiga Roma Cecas bizantinas

Bibliografía

Bastien, P. (1960). "Les émissions de l'atelier de Lyon en 293 et 294". Revue Numismatique. 6ª serie. 2. Páxinas 75-111.

Bastien, P. (1972-1987). Le Monnayage de l'atelier de Lyon (6 volumes + suplementos). Wetteren. Édition numismatique romaine. (1972). Dioclétien et ses corégents avant la réforme monétaire. (1976). De la réouverture de l’atelier par Aurélien à la mort de Carin (fin 274-mi-285). (1980). De la réforme monétaire de Dioclétien à la fermeture temporaire de l’atelier en 316 (294–316). (1982). De la réouverture de l’atelier en 318 à la mort de Constantin (318–337). (1985). De la mort de Constantin à la mort de Julien (337–363). (1987). Du règne de Jovien à la mort de Jovien (363–413). (1989). Supplément I. A cargo de Bastien, P.; Amandry, M. e Gautier, G. (2003). Supplément II. A cargo de Amandry, M.; Estiot, S. e Gautier, G. Drost, V. (2014). "Les nummi sans marque de style lyonnais: « atelier continental » ou première émission de Lyon après la réforme de Dioclétien". En Revue numismatique, 6ª serie. T. 171. Société française de numismatique. Páxinas 297-316. Duncan-Jones, R. (1994). Money and government in the Roman Empire. Cambridge University Press. ISBN 9780511552632 Giard, J-B. (1967). "Le trésor de Port-Haliguen. Contribution à l'étude du monnayage d'Auguste". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 6ª serie. T. 9. Páxinas 119-139. Giard, J-B. (1976). "Les émissions d'or et d'argent de Caligula dans l'atelier de Lyon". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 6ª serie. T. 18. Páxinas 69-81. Giard, J-B. (1983). Le Monnayage de l'atelier de Lyon, des origines au règne de Caligula (43 av. J.-C. à 41 ap. J.-C.). Wetteren. Édition numismatique romaine. ISBN 978-9071165092 Giard, J-B. (1998). Catalogue des monnaies de l'Empire Romain. III. Du soulèvement de 68 après J.-C. à Nerva. Bibliothèque nationale de France. ISBN 978-2717720419 Giard, J-B. (2000). Le monnayage de l'atelier de Lyon, de Claude à Vespasien (41-78 ap. J.-C.) et au temps de Clodius Albinus (196 à 197 ap. J.-C.). Wetteren. Édition numismatique romaine. Laffranchi, L. (1913). "La monetazione di Augusto. Parte II. "Zecca di Lugdunum". En Rivista italiana di numismatica. Nº 26. Páxinas 303-323. Le Mer, A. C.; Chomer, C. (2007). Académie des inscriptions et belles-lettres, Carte archéologique de la Gaule 69/2. París. Éd. de la Maison des sciences de l'homme. ISBN 978-2-87754-099-5 (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes. Suspène, A. (2014). "Les débuts de l’atelier impérial de Lyon". En Revue numismatique. Société française de numismatique. 6ª serie. T. 171. Páxinas 31-44.

Categoría:Lugdunum Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas de Francia