O Rally de Narón de 1992 foi a quinta edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 2 de maio de 1992 e o vencedor foi por terceiro ano consecutivo o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.
Itinerario A proba constou dun percorrido total de 248 km, dos cales 36,8 corresponderon aos oito treitos cronometrados. Os treitos non se deron a coñecer ata unha hora antes da disputa do rally e consistiron en dúas pasadas matinais por Anca e Lamas e pola tarde dúas polos de Sedes e O Albeiro. Ademais disputouse un noveno treito de exhibición, en homenaxe ao falecido Constantino Cao, aínda que este non puntuou para o rally.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTISenra Sport34:442 Ana Barbero Francisco VarelaCitroën AX 4x4Escudería Mezquita36:413 Manuel González Manuel RañaCitroën Visa GTIEscudería Doble Cero36:514 José Caamaño José Manuel ValeiroCitroën AX 4x4Escudería Coruña36:545Florencio FernándezWalter Daniel LaguzziRenault 11 TurboEscudería Doble Cero37:486 López Castrillón Germán CastrillónFord Sierra CosworthSiroco Team Narón38:187 Pablo Sobral Mª Isabel CastroTalbot Samba RallyeCondado Sport38:378 Antonio Bonome Ángela LópezOpel Corsa GSiSiroco Team Narón38:559 Jesús Rigueira José ChorenSaab 99 TurboSiroco Team Narón39:0010 José Manuel Varela José Daniel ReyCitroën AX SportSiroco Team Narón39:2611 Carlos María Sánchez Ana Sáiz VarelaSeat 124 2000Senra Sport39:3412 Adolfo Martínez Juan Manuel SandeCitroën AX GTSiroco Team Narón39:5113 Francisco Viaño Miguel MillaresSeat 124 2000Escudería Compostela39:5414 Jaime Sueiro Miguel CuiñaSeat 127Motor Silleda39:5915 José Emiliano Iglesias Javier CampelleSeat 127Siroco Team Narón40:1316 Jesús Ferreiro Joaquín VizcaínoAlfa Romeo GTVSenra Sport40:17Abandonos- Andrés González VenturaRenault 5 GT TurboKauwe Competición-- João Enes José Viana FerreiraLancia Delta HF IntegraleEscudería Doble Cero-- José Alonso Agustín RodríguezCitroën AX 4x4José Alonso-- Óscar Fernández Marco FernándezCitroën AX 4x4Óscar Fernández-- Celso Freire Julio LópezVolkswagen Golf GTiKauwe Competición-- Ricardo Vidal Juan Carlos SoutoPeugeot 205 GTISenra Sport-
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Clasificación completa na web oficial do Rally de Narón. Clasificación final en ewrc-results.com
Categoría:Rally Cidade de Narón Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra