A criptoxantina (/ks/) é un pigmento carotenoide natural. Foi illada de diversas fontes, como os froitos de plantas do xénero Physalis, peles de laranxas, papaia, xema de ovo, manteiga, mazás e soro sanguíneo bovino.

Química

Pola súa estrutura a criptoxantina está estreitamente relacionada co β-caroteno, do que se diferencia pola adición dun grupo hidroxilo. É un carotenoide membro da clase das xantofilas.

En forma pura, a criptoxantina é un sólido cristalino vermello cun brillo metálico. É doadamente soluble en cloroformo, benceno, piridina e disulfuro de carbono.

Bioloxía e medicina

No corpo humano a criptoxantina convértese en vitamina A (retinol) e é, por tanto, considerada unha provitamina A. Igual que ocorre con outros carotenoides, a criptoxantina é un antioxidante e pode axudar a impedir os danos causados por radicais libres que sofren as células e o ADN, así como estimular a reparación de danos oxidativos no ADN.

Recentes descubrimentos feitos en varios estudos epidemiolóxicos sobre unha asociación inversa entre a β-criptoxantina e o risco de ter cancro de pulmón suxiren que a β-criptoxantina tería a potencialidade de actuar como axente quimiopreventrivo contra o cancro de pulmón. Por outra parte, en pacientes adultos do grupo histolóxico en grao IV diagnosticados de glioma maligno, a inxesta de moderada a alta de criptoxantina (no segundo tertil e no tertil máis alto comparados co tertil máis baixo, en todos os casos) estaba asociado cunha peor supervivencia.

Outros usos

A criptoxantina tamén se usa como substancia para colorear produtos (número INS 161c). O seu uso non está aprobado na UEUK Food Standards Agency: nin EUA; pero está aprobado noutros países, como Australia e Nova Zelandia.Australia New Zealand Food Standards Code

Notas

Categoría:Carotenoides Categoría:Tetraterpenos