Luis Quintas Goyanes, nado en Santiago de Compostela en 1907 e finado na Coruña o 25 de febreiro de 1987,La Voz de Galicia, 26-2-1987, p. 23 foi un pintor galego e VIII marqués de Almeiras.
Traxectoria
Naceu en Compostela mais viviu sempre na Coruña. Iniciouse na pintura a idade temperá e foi discípulo de Castelao.
En 1925 participou na Exposición Nacional de Belas Artes. Obtivo a praza de catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña e foi profesor de debuxo no instituto Eusebio da Guarda. O seu prestixio permitiulle ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes e ser nomeado director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, cargo que ocupou durante 17 anos. Neste tempo promoveu a adquisición de novos fondos, a restauración de cadros danados e a organización de destacadas exposicións.
Quintas Goyanes distinguiuse especialmente como retratista. Destacan os seus retratos de varios alcaldes coruñeses e o de Xoán Carlos I que se conservan no palacio de María PitaInventario das dependencias municipais do Concello da Coruña. Pinturas., así como os que fixo do tenor Miguel Fleta, un dos cales se conserva no Teatro Real de Madrid. Foi ademais un magnífico paisaxista da natureza galega e a súa actividade artística tamén abrangueu a ilustración de pergameos, libros e carteis.
Recoñecementos Foi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Concedéuselle a encomenda con placa de Afonso X o Sabio e ostentou o título de VIII marqués de Almeiras. Unha rúa do polígono residencial de Matogrande, na Coruña, leva o seu nome desde 1994. Vida persoal
Foi curmán de Juan José Barcia Goyanes.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores paisaxistas Categoría:Pintores retratistas Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos