Jason Rich, nado o 8 de maio de 1986 en Pensacola, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria profesional Rich xogou na Universidade de Florida State, e tras graduarse foise a Italia a xogar no Pallacanestro Cantù. Despois xogou en Israel para o Maccabi Haifa BC e o Hapoel Jerusalem BC.

Tras media tempada en Bélxica co BC Oostende, o 31 de xaneiro de 2013 volveu a Italia para xogar no Vanoli Cremona ata final de tempada. Tras un ano en Rusia no Enisey Krasnoyarsk, Rich regresou ó Vanoli Cremona, co que asinou un acordo por un ano.

En outubro de 2014, Rich asinou co Élan Chalon. O 1 de xullo de 2017, Rich asinou co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A italiana.

O 17 de outubro de 2018, Rich asinou co Beşiktaş turco.

O 24 de outubro de 2019, asinou unha tempada co Gaziantep Basketbol da Basketbol Süper Ligi turca.

O 29 de xuño de 2020, Rich asinou co Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A italiana, pero o 9 de xullo de 2020 decidiu non unirse ó Varese e anunciou a súa retirada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Pensacola, Florida‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Pallacanestro Cantù Categoría:Xogadores do Maccabi Haifa BC Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC Categoría:Xogadores do BC Oostende Categoría:Xogadores do Guerino Vanoli Basket Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do Paris-Levallois Basket Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto)