Antonio Agustín Formoso Piñeiro, nado en Lira (Carnota) o 16 de febreiro de 1906, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Agustín Formoso Lestón. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, educando ao seu curmán Manuel Formoso Piñeiro. Foi mestre interino da Curra (Carnota) en 1929,El Ideal Gallego, 28-6-1929, p. 6. en decembro dese ano foi nomeado para o pósito de Boa (Noia),El Compostelano, 13-12-1929, p. 2. e en xaneiro de 1932 para Lira.La Voz de Galicia, 27-1-1932, p. 2. Aprobou as oposicións en decembro de 1932,El Progreso, 17-12-1932, p. 3. e foi mestre en Gaxate e en maio de 1934 foi destinado a Caldebarcos (Carnota).La Voz de Galicia, 8-5-1934, p. 8.

Foi presidente das Mocedades Galeguistas de Carnota e pronunciou varias conferencias de exaltación galeguista.El Pueblo Gallego, 5-11-1932, p. 12.El Pueblo Gallego, 23-2-1933, p. 14. Foi secretario xeral do Partido Galeguista de Carnota e presentou o mitin de Castelao en Lira. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Carnota e elixido segundo tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído.La Voz de Galicia, 5-9-1936, p. 5. Depurado, foi separado definitivamente do servizo causando baixa na escala.El Correo Gallego, 15-5-1940, p. 3.

Vida persoal Casou en Vigo con Elisa Iglesias Piñeiro en decembro de 1934 e tiveron un único fillo en común, Agustín Amadeo Formoso Iglesias.El Pueblo Gallego, 27-12-1934, p. 3.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Manuel Formoso Piñeiro, a morte dun heroi, en Nós Diario, 13-4-2019.

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Concelleiros de Carnota Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes