O Rally de Terra de Ourense de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a derradeira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 6 de decembro de 1992 e o vencedor foi o vigués José Alonso a bordo dun Citroën AX 4x4.
Pola súa parte a cordobesa aveciñada en Vigo Ana Barbero, con igual modelo de coche, rematou cuarta, proclamándose con este resultado campioa de Galicia de Rallys de Terra.
Desenvolvemento O rally ourensán volvía ao calendario despois de dúas tempadas de ausencia e foi adicado á memoria do piloto ourensán Óscar Fernández, falecido nun accidente de tráfico uns meses antes. O seu Citroën AX 4x4 foi pilotado nesta proba polo seu irmán Marco Antonio.
Manuel Senra, que competía cun Peugeot 309 e por primeira vez con Faustino Suárez como copiloto, liderou a primeira parte da carreira, na que había menos lama, grazas á súa maior velocidade punta. A segunda parte porén, cunhas condicións climáticas adversas, foi dominada polos vehículos con tracción ás catro rodas, rematando con catro Citroën AX 4x4 nas catro primeiras posicións, co vigués José Alonso como gañador da proba. Ana Barbero, que chegou en cuarta posición, sumou os puntos necesarios para proclamarse campioa de Galicia de Rallys de Terra, a primeira e única muller en logralo, superando a José Caamaño e Manuel González, os outros dous pilotos que aínda conservaban posibilidades de lograr o título.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 José Alonso Agustín RodríguezCitroën AX 4x418'24''2 Carlos Aldecoa AnsoteguiCitroën AX 4x4a 46''3 Chema González Alberto SanchísCitroën AX 4x4a 57''4 Ana Barbero Francisco VarelaCitroën AX 4x4a 1'07''5 Andrés González FreireRenault 5 GT Maxi Turboa 1'11''6 Gaspar Sierra Manuel CarideVolkswagen Golf GTIa 1'12''9 Marco Antonio FernándezCitroën AX 4x4Abandonos- João Enes José Viana FerreiraLancia Delta Integrale
Notas
Categoría:Rally de Terra de Ourense Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra