Unknown Instructors é un supergrupo de rock improvisado que conta coa antiga sección rítmica de Minutemen e fIREHOSE, o baixista Mike Watt e o batería George Hurley; con membros de Saccharine Trust, o guitarrista Joe Baiza e o vocalista Jack Brewer; e co vocalista e saxofonista Dan McGuire. A banda foi descrita como "unha reunión de estrelas de alumnos da corte SST doutro tempo" e Henry Rollins chamouna unha formación it a dream lineup.

O seu primeiro álbum, The Way Things Work, foi editado a finais de setembro de 2005 a través do selo Smog Veil Records. En outubro dese ano a banda regresou ao estudio para gravar un segundo álbum, desta vez con David Thomas de Pere Ubu e o artista Raymond Pettibon como novos participantes. O disco, The Master's Voice, foi publicado en marzo de 2007. Un terceiro traballo, Funland, apareceu en 2009. En 2019 Unknown Instructors publicou o seu cuarto álbum, titulado Unwilling to Explain, con J Mascis de Dinosaur Jr. na guitarra. Este trátase do primeira disco da banda que non foi improvisado.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Way Things Work2005Smog Veil RecordsThe Master's Voice2007Smog Veil RecordsFunland2009Smog Veil RecordsUnwilling to Explain2019ORG Music

Notas

Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Supergrupos