Cándido Paniagua Pousa, nado en Xinzo de Limia o 10 de maio de 1992, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria Estudou no CEIP Rosalía de Castro e no IES Lagoa de Antela en Xinzo. Graduouse con Premio extraordinario de fin de carreira en Estudos de galego e español pola Universidade de Vigo. É profesor de Lingua galega e literatura no ensino secundario e traballa nunha tese de doutoramento sobre a linguaxe dixital. Escribiu xa desde a adolescencia participando en varios concursos.
Obras O caderno de erros (2018). Tandaia. 268 páxs. ISBN 978-84-17393-42-7. 48 horas (2020). Xerais, Fóra de Xogo. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-674-2. ePub: ISBN 978-84-9121-682-7. Xuvenil. Premios Xuventude Crea (2017 e 2018). Biblioteca Rosalía de Castro (2018)
Premio Lingua de Namorar (2019) Premio de Relato Universidade de Vigo (2020) Premio da Cultura, Concello de Xinzo de Limia (2023) Premio Dillo a quen maltrata, Concello de Lalín (2018 e 2024)10
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria