Kumārajīva (devanagari: कुमारजीव; chinés tradicional: 鸠摩罗什; chinés simplificado: 鳩摩羅什; pinyin: Jiūmóluóshí; Wade-Giles: Chiu1-mo2-lo2-shih2; xaponés: Kumarajū 鳩摩羅什; coreano: Kumarajiba 쿠마라지바; vietnamita: Cưu-ma-la-thập), nado no reino de Kucha en 344 e finado en Chang'an en 413 foi un monxe budista, estudoso, misioneiro e tradutor. Comezou estudando as ensinanzas das escolas Sarvastivada, despois estudou co monxe Buddhasvāmin e finalmente converteuse nun seguidor do budismo Mahayana, estudando a doutrina Mādhyamaka de Nāgārjuna.

Traxectoria O seu pai, Kumārāyana, fillo dun ministro dun dos reinos da India, renunciou ao seu dereito á posición hereditaria como ministro para facerse monxe. A súa nai foi Jīvaka, a irmá máis nova do rei cuxana nun dos reinos de Asia Cenctral. Cando Kumārajīva tiña sete anos, a súa nai renunciou á vida secular para entrar ao sacerdocio e percorreu xunto a el a India e outros países afondando nos seus coñecementos sobre budismo. Primeiro estudou budismo Hinayana e máis tarde recibiu instrución no budismo Mahāyāna tendo como mestre a Shuryasoma. Cando regresou á súa casa, comezou a propagar o budismo Mahāyāna, e a súa reputación estendeuse ata a China.

No ano 328 Fu Chien, gobernante da dinastía Jin, ordenou ao xeneral Li Kuang invadir Kushana e outros países, e que trouxese no seu regreso á capital Chang'an a Kumārajīva.Kumar, Yukteshwar. A History of Sino-Indian Relations, 2005. páx. 107 Li Kuang tomou a Kumārajīva prisioneiro, pero no camiño de regreso decatouse da caída da dinastía Jin.Nan, Huai-Chin. Basic Buddhism: Exploring Buddhism and Zen, 1997. páx. 84 Li Kuang decidiu permanecer en Liang-chou onde mantivo a Kumārajīva prisioneiro durante dezaseis anos. Finalmente, Kumārajīva terminou o seu camiño a Chang-an no ano 401 a invitación de Yao Hsing gobernante da dinastía Jin tardía. Alí foi nomeado mestre da nación e mergullouse na tradución das escrituras budistas.

Traducións De acordo á colección de textos concernentes aos Tripitaka, traduciu 35 obras en 294 volumes, lográndoo en só dez anos. Entre as súas traducións máis salientables están o Sutra do Loto, o Sutra Gran Sabedoría, o Sutra Pequena Sabedoría, o Sutra Vimalikirti, o Sutra Rei Benevolente, o Sutra Amida, as Dez Divisións de Regras Monásticas, os Tratados da Gran Perfección e Sabedoría, os Tratados do Camiño do Medio, o Tratado dos Cen Versos, o Tratado dos Vinte Portóns e o Tratado de Establecemento da Verdade.

As traducións de Kumārajīva foron encomiadas polas xeracións posteriores, pola súa excelencia e claridade. Estas influírron fondamente o subseguinte desenvolvemento do budismo na China e no Xapón. Kumārajīva tamén deixou moitos discípulos, máis de trescentos segundo algunhas fontes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía The Soka Gakkai Dictionary of Budhism ISBN 4-412-01205-0

Ligazóns externas Budismo Nichiren

Categoría:Nados en Xinjiang Categoría:Nados en 344 Categoría:Finados en 413 Categoría:Monxes budistas Categoría:Tradutores Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Clero budista