Afonso Reis Cabral, nado en Lisboa o 31 de marzo de 1990, é un escritor e editor portugués.

Traxectoria Comezou a escribir poesía aos 9 anos, publicando o seu primeiro libro de poesía aos 15 anos, Condensação.

Fixo os seus estudos no Porto, primeiro no Colexio Cedros e despois na Escola Secundaria Rodrigues de Freitas. Licenciouse en Estudos Portugueses e Lusófonos pola Universidade Nova de Lisboa, onde obtivo igualmente o mestrado en Estudos Portugueses. Até 2017 foi revisor e editor en varias editoras, sendo o último na Editorial Presença. Foi bolseiro do Centro da História da Cultura.

Foi dúas veces á Alemaña en camión TIR en busca dunha historia, a primeira delas aos trece anos. Traballou nunha vacaría, nun escritorio de turismo e nun alfarrabista. Traballa tamén como editor freelancer. Nos tempos libres, dedícase á ornitoloxía, fai Scuba Diving e practica boxeo.

Obras publicadas Escribe á man, nun caderno, e só despois pasa todo para computador.Revista E n.º (2421), 23 de Março de 2019. A caneta é mais poderosa que a espada, páx. 94.

Condensação (2005). Reúne poemas que escribiu entre os nove e os quince anos. O Meu Irmão (2014). BIS. Publicado en Italia e o Brasil. Coa morte dos pais, é preciso decidir con quen fica Miguel, o fillo de 40 anos que naceu con síndrome de Down. Pão de Açúcar (2018). Dom Quixote. Sobre o Caso Gisberta en febreiro de 2006 no Porto. Leva-me contigo (2019). Dom Quixote. Entre abril e maio de 2019, percorreu Portugal a pé ao longo dos 738,5 quilómetros da Estrada Nacional 2, tendo rexistratado esa viaxe no libro Leva-me Contigo.

Premios 2014: Premio LeYa, por O Meu Irmão.

2017: Premio Europa David Mourão-Ferreira na categoría de Promesa. 2018: Premio Novos na categoría de Literatura. 2019: Premio Literario José Saramago, por Pão de Açúcar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en 2019

Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1990 Categoría:Escritores en lingua portuguesa