Francisco Horacio Rodríguez Suárez, coñecido como Paquiño, nado en Abelleira (Muros) o 24 de decembro de 1898 e finado no mesmo concello o 3 de xaneiro de 1996,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-1-1996, p. 73. foi un mestre, empresario e político galego.

Traxectoria Membro da socieade agraria Amigos Mutuos de Abelleira e Torea, foi un dos promotores da Federación Agraria do Partido de Muros creada en 1922.Heraldo de Galicia, 25-6-1922, p. 6. Foi mestre de Torea dende 1925 e a partir de 1928 mestre de Serres. Fundou en 1934 a empresa construtora S Rodríguez dedicada ás obras marítimas.La Voz de Galicia, 5-6-1993, p. 61. Membro da Agrupación de Trabajadores y Agricultores de Serres e militante do PSOE. Participou como representante da sociedade La Potección Social Esteirana de Muros na asemblea para o Estatuto de Autonomía de Galicia de xuño de 1931.El Pueblo Gallego, 5-6-1931, p. 1. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Muros.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido.La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 2. Fuxiu e estivo agochado na súa casa ata que foi detido pola Garda Civil auxiliada polas milicias das Juventudes de Acción Popular, o 10 de xaneiro de 1937.El Correo Gallego, 16-1-1937, p. 4. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 12 de xuño por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso na Prisión da Coruña ata que saíu en liberdade vixiada en xullo de 1940. Depurado, foi separado definitivamente do servizo e baixa no posto.BOP, 8-7-1940.

Ao saír do cárcere dedicouse á contrata de obras na súa empresa. Rehabilitado, foi mestre de Tal. Nas eleccións municipais de 1983 figurou como candidato número catro de Unidade Galega á alcaldía de Muros.La Voz de Galicia, Santiago, 30-3-1983, p. 26. Vida persoal Casou con Juliana Fernández Mayo e foi pai de Lourdes, María, Ángel, Segundo e Francisco Rodríguez Fernández.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Muros Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1996

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes