ISEE 2, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 2, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 22 de outubro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.

Características ISEE 2 foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 3) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. A chamada parte nai/filla da misión consistía de ISEE 1 e 2 orbitando a Terra en proximidade a unha da outra para facer medicións simultáneas da variación dos campos e partículas interactuando entre o sistema Terra-Sol.

A nave estabilizábase mediante xiro a 19,8 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 165,78 kg e forma cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 112 W de potencia. Tanto ISEE 2 como ISEE 1 reentraron na atmosfera o 26 de setembro de 1987.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos ISEE 1 ISEE 3

Categoría:Satélites artificiais