miniaturadaimagem|Parque Nacional de Peneda-Gerês, o único parque nacional en Portugal. As áreas protexidas de Portugal son as áreas protexidas deste país e cunha lexislación que regula a protección ambiental á que están suxeitas e actividades humanas permitidas nelas. O conxunto de espazos protexidos portugueses forman a Rede Nacional de Áreas Protexidas (RNAP), que en 2020 estaba composta por 32 áreas protexidas nacionais, 14 áreas rexionais ou local e un espazo privado.
As áreas protexidas regúlaas o Decreto-Lei n.º 142/2008.
Ademais, Portugal acóselle a proxectos internacionais como a Rede Natura 2000 europea, a convención de Ramsar, os xeositios e Reservas da biosfera da UNESCO.
Clasificación No 1993 o Decreto-Lei n.º 19/93 creou seis tipos de áreas protexidas. Estas foron ampliadas polo Decreto-Lei n.º 142/2008, que creou ademais a 'Rede Nacional de Áreas Protegidas (RNAP)''. Ese decreto regulou os espazos naturais creando figuras de ámbito estatal, rexional e local e privado.
As categorías que considera a lexislación son:
De ámbito nacional Parque nacional Parque natural Reserva natural Monumento natural Paisaxe protexida Lugares de interese biolóxico De ámbito rexional ou local: Parque natural rexional Reserva natural local Paisaxe protexida local Área protexida privada
Áreas protexidas de ámbito nacional Parque nacional Estas son areas pouco alteradas pola humanidade, con rexións naturais características, paisaxes naturais pouco humanizadas, lugares xeomorfolóxicos de interese ou hábitats de especies con interese de conservación, científico ou educativo. Son áreas do nivel II do sistema de clasificación da IUCN. A motivación é a conservación da integridade ecolóxica dos seus ecosistemas e evitar a súa degradación.
Só existe un parque nacional en Portugal, que é o:
Parque nacional Parque Nacional de Peneda-Gerês
Parque natural Son áreas que se caracterizas por conter paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese nacional. Enténdense como exemplos de integración harmoniosa da actividade humana e da natureza e que conserva biomas ou rexións de interese.
Existen 13 parques naturais de ámbito nacional:
Parques naturais Parque Natural de Montesinho Parque Natural do Litoral Norte Parque Natural do Alvão Parque Natural do Douro Internacional Parque Natural da Serra da Estrela Parque Natural do Tejo Internacional Parque Natural das Serras de Aire e Candeeiros Parque Natural da Serra de São Mamede Parque Natural de Sintra-Cascais Parque Natural da Arrábida Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina Parque Natural do Vale do Guadiana Parque Natural da Ria Formosa
Reserva natural 250px|thumb|Reserva Natural das Berlengas Son zonas limitadas onde se procura evitar calquera alteración dos ecosistemas tal que afecten ao seu estado. O territorio das reservas naturais destínanse, regulandoos, á protección e conservación da flora e fauna e os seus hábitats, así como as paisaxes.
Parques naturais Reserva Natural das Dunas de São Jacinto Reserva Natural da Serra da Malcata Reserva Natural do Paul de Arzila Reserva Natural das Berlengas Reserva Natural do Paul do Boquilobo Reserva Natural do Estuário do Tejo Reserva Natural do Estuário do Sado Reserva Natural das Lagoas de Santo André e da Sancha Reserva Natural do Sapal de Castro Marim e Vila Real de Santo António
Paisaxe protexida Son áreas con paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas de interese tanto rexional como local, que son froito da interacción da sociedade coa natureza e que resultou en figuras de gran valor estético ou natural.
Paisaxes protexidas Paisaxe Protexida da Serra do Açor Paisaxe Protexida da Arriba Fóssil da Costa de Caparica
Monumento natural Esta figura acolle a figuras ou espazos naturais que se caracterizan por ser singulares, raros ou representativos en termos ecolóxicos, estéticos, científicos ou culturais. Recoñecéselle a necesidade de ser conservados e mantidos na súa totalidade.
Monumentos naturais Monumento Natural do Cabo Mondego Monumento Natural das Portas de Ródão Monumento Natural das Pegadas de Dinossáurio de Ourém - Torres Novas Monumento Natural de Carenque Monumento Natural da Pedra da Mua Monumento Natural dos Lagosteiros Monumento Natural da Pedreira do Avelino
Áreas protexidas de ámbito rexional ou local Outras áreas protexidas de ámbito rexional ou local definíronse polo decreto-lei 19/93 de 23 de xaneiro, como é o caso dalgunhas paisaxes protexidas; ou polo decreto-lei n.º 142/2008, de 24 de xullo, como os parques naturais, reservas naturais, algunhas paisaxes naturais e áreas protexidas de ámbito privado.
Paisaxe protexida rexional
Paisaxes protexidas Paisaxe protexida da Albufeira do AziboDefinida polo Decreto-Lei de 23 de xaneiro. Paisaxe protexida do Corno do Bico Paisaxe protexida das Lagoas de Bertiandos e São Pedro dos Arcos Paisaxe protexida da Serra de Montejunto Paisaxe protexida rexional do Litoral de Vila do Conde e Reserva Ornitológica de Mindelo Paisaxe protexida rexional da Serra da Gardunha
Parque natural rexional
Paisaxes naturais rexionais Parque Natural Rexional do Vale do Tua
Reserva natural local
Reservas naturais locais Reserva Natural Local do Paul de Tornada Reserva Natural Local do Estuario do Douro
Paisaxe protexida local
Paisaxe protexida local Paisaxe protexida local do Açude da Agolada Paisaxe protexida local do Açude do Monte da Barca Paisaxe protexida local da Rocha da Pena Paisaxe protexida local da Fonte Benémola Paisaxe protexida local das Serras do Socorro e Archeira
Área Protegida de âmbito privado
Áreas protexidas privadas Reserva da Faia Brava
Localización As áreas protexidas de Portugal distribúense no territorio deste xeito:
Imagem:Portugal - areas protegidas.svg Peneda-Gerês Corno do Bico Montesinho Lagoa de Bertiandos e São Pedro de Arco Albufeira de Azibo Litoral norte Alvão Dunas de São Jacinto Douro Internacional Paul de Arzila Montes de Santa Olaia e Ferrestelo Serra da Estrela Serras de Aire e Candeeiros Serra da Malcata Monte de São Bartolomeu Serra do Açor Berlengas Tejo internacional Serra de Montejunto Ourém - Torres Novas C. Lapiaz da Granja dos Serrões Paul do Boquilobo Granja dos Serrões e Negrais Serra de São Mamede Açude da Agolada Sintra-Cascais Centro Histórico de Coruche Carenque Açude do Monte da Barca Arriba Fóssil da C. Caparica Estuário do Tejo Pedreira do Avelino Estuario do Sado Lagosteiros Lagoa de St. André e Sancha Pedra da Mua Vale do Guadiana Gruta do Zambujal Fonte Benémola Arrábida S.C. Marim-V.R.S. António Suroeste Alentejano e Costa Vicentina Ría Formosa Rocha da Pena e Fonte Benémola
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ligazóns externas
Áreas protexidas de Portugal