Mamá cumple cien años é un filme español de 1979 escrito e dirixido por Carlos Saura. O filme é unha secuela do filme Ana y los lobos dirixido por Saura en 1973. Foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 52ª edición dos premios.Españoles en los Oscar RTVE. 5 de marzo de 2010
Sinopse Arredor dunha anciá que vai cumprir cen anos, reúnese toda a familia e a institutriz, Ana, nunha vella casa grande. Ana chega ao lugar e atopa os distintos membros da familia organizando a festa nun encontro coral en que reviven o pasado, con todos os seus conflitos, tensións e interrelacións. Sobre eles pesa a estrutura familiar.
Personaxes Geraldine Chaplin como Ana Amparo Muñoz como Natalia Fernando Fernán Gómez como Fernando Norman Briski como Antonio Rafaela Aparicio como Mamá Charo Soriano como Luchi José Vivó como Juan Ángeles Torres como Carlota Elisa Nandi como Victoria Rita Maiden como Solange Monique Ciron como Anny José María Prada como José (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 52ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Carlos Saura Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes de comedia