Ese oscuro objeto del deseo (en ) é un filme franco-español de 1977 dirixido por Luis Buñuel. Foi o derradeiro filme dirixido por Buñuel antes da súa morte en xullo de 1983. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non-inglesa na 50ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Sinopse Durante unha viaxe en tren, Mathieu Faber conta aos seus compañeiros de compartimento a súa historia sentimental con Conchita, unha sedutora muller á que tratará de conquistar. Non obstante, ela sempre consegue eludir os seus amoríos, a pesar de darlle esperanzas.

Personaxes Fernando Rey como Mathieu Faber Carole Bouquet como Conchita I Ángela Molina como Conchita II Piéral como le nain Julien Bertheau como Édouard André Weber como Martin María Asquerino como Encarnación Pérez

Premios O filme non foi un éxito financeiro, mais si de crítica, recibindo candidaturas ao mellor filme estranxeiro tanto nos Globos de Ouro como nos Óscar, en que tamén recibiu unha candidatura ao mellor guión adaptado. O National Board of Review e a Los Angeles Film Critics Association concedéronlle o premio ao mellor filme en lingua estranxeira en 1977 e Luis Buñuel foi considerado o mellor director polo National Board of Review e os premios da National Society of Film Critics. Foi tamén candidato aos premios César.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Luis Buñuel Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en Madrid