El nido é un filme español de 1980 escrito e dirixido por Jaime de Armiñán, protagonizado por Héctor Alterio e Ana Torrent. O filme conta a historia dunha intesa relación emocional entre un vello viúvo e unha precoz moza de trece anos. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 53ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Sinopse Don Alejandro é un viúvo que non pode deixar de pensar na súa esposa ata que un día se cruza no seu camiño unha rapaza chamada Goyita. Esta tentará namoralo e Don Alejandro caerá nas súas redes, facéndolle esquecer a súa defunta esposa. A moza reside nunha casa cuartel, co que non lle será doado a Don Alejandro deixarse seducir.

Personaxes Héctor Alterio como Don Alejandro Ana Torrent como Goyita Luis Politti como Don Eladio Agustín González como sarxento Patricia Adriani como Marisa María Luisa Ponte como Amparo Mercedes Alonso como Mercedes Luisa Rodrigo como Gumer Amparo Baró como Fuen Ovidi Montllor como Manuel

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 53ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Jaime de Armiñán Categoría:Filmes sobre nenos