Lithocarpus elegans é unha especie de árbore pertencente á familia das fagáceas, do grupo dos chamados carballos de pedra, propio do leste de Asia, ao sur do Himalaia, a China e o Sueste asiático.
Características Lithocarpus elegans é unha árbore que pode chegar até os 30 me de altura, cun tronco cun diámetro de até os 70 cm. A casca é de cor parda agrisada e está fisurada ou con lenticelas. As follas, coriáceas, miden até 17 cm de longo. As súas landras, de cor marrón, son ovoides ou arredondadas, miden até 2,5 cm de ancho, e son comestíbeis.
Distribución e hábitat Lithocarpus elegans encóntrase no sur e no sueste de Asia, nunha ampla área que vai desde Nepal, até todo subcontinente indio, a China, Indochina e Malesia.Lithocarpus elegans en Botanic Stories. Royal Botanic Garden Edinburgh.Lithocarpus elegans na World Checklist of Selected Plant Families. Reais Xardíns Botánicos de Kew.
É característico da zona forestal perennifolia que se encontra até altitudes de entre os 1 800 e os 2 600 m no Himalaia Oriental. En zonas máis baixas habita en zonas de selva tropical húmida até os 1 500 m.
Uso A súa madeira úsase localmente para obter leña e para fabricar carbón. É cultivado nalgunhas zonas como planta ornamental, e tamén para aproveitar os seus froitos como alimento.
Taxonomía Descrición Lithocarpus elegans foi descrita en 1825 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume, baixo o nome de Quercus elegans, e reclasificado en 1970 por S. Soepadmo nun traballo publicado en Reinwardtia 8: 221-260.Lithocarpus elegans no GBIF.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Lithocarpus.
O epíteto específico elegans, é un termo latino que significa "elegante".
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén por numerosos sinónimos.
(Ver a lista completa aquí).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Camus, Aimee (1948): "Les chenes. Monographie des genres Quercus et Lithocarpus, Atlas vol. 3". Encyclopedie Economique de Sylviculture. 7: 152–165. Kaul, Robert B. (1987): "Reproductive structure of Lithocarpus sensu lato (Fagaceae): cymules and fruits". Journal of the Arnold Arboretum. 68: 73–104. Soepadmo, E. (1972): "Fagaceae". Flora Malesiana: Series I - Spermatophytes. 7: 265–403.
Outros artigos Fagáceas Lithocarpus''
Categoría:Lithocarpus
Categoría:Lithocarpus Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1825