María do Carme González Iglesias, nada en Saiáns, Vigo, en 1967, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego, deputada no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Pontevedra. miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Traxectoria É funcionaria da Xunta de Galicia, administrativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e activista do movemento veciñal de Vigo. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi a número 5 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. resultando elixida deputada. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas María do Carme González Iglesias na páxina web do Parlamento de Galicia.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia