Karnam Malleswari (en ), nada o 1 de xuño de 1975, é unha levantadora olímpica de peso retirada da India. É a primeira muller india en gañar unha medalla nos Xogos Olímpicos. En 1995, recibiu o Rajiv Gandhi Khel Ratna,List of Rajiv Gandhi Khel Ratna Awards . sportsauthorityofindia.nic.in a meirande honra deportiva da India, e en 1999, o premio civil Padma Shri.

Traxectoria Malleswari gañou o título mundial na categoría de 54 kg en 1994 e 1995, e clasificouse no terceiro posto en 1993 e 1996.

En 1994, gañou a medalla de prata no Campionato Mundial de Istanbul, e en 1995 gañou o Campionato Asiático de Halterofilia celebrado en Corea na categoría de 54 kg. Gañou o título na China ese mesmo ano cun récord de levantamento de 113 kg no Campionato do Mundo. Antes da súa vitoria nas Olimpíadas, Malleswari foi campioa do mundo de levantamento de peso por dúas veces, con 29 medallas internacionais, incluíndo 11 medallas de ouro.

Ademais das numerosas medallas nacionais e internacionais, Malleswari tamén foi galardoada co Rajiv Gandhi Khel Ratna en 1999, o Premio Arjuna en 1994 e o Padma Shri en 1999.

Nos Xogos Olímpicos de 2000, Malleswari levantou 110 kg na categoría de "arranque" e 130 kg na de limpo e tirón, conseguindo un total de 240 kg. Gañou a medalla de bronce e converteuse na primeira muller india en gañar unha medalla olímpica.Ganguly, Meenakshi (27 de decembro de 2000) Conversations: 'I Did What I Could For My Country'. Time Tamén foi a primeira e a única muller india levantadora de peso en gañar unha medalla olímpica.

Vida persoal Malleswari naceu en Voosavanipeta, preto de Amadalavalasa, unha aldea de Andhra Pradesh. Ten tres irmás e todas elas foron adestradas en levantamento olímpico de peso. Comezou a súa carreira deportiva con 12 anos e foi adestrada por Neelamshetty Appanna.

Trasladouse a Delhi cunha das súas irmás e axiña foi descuberta pola Autoridade Deportiva da India. Posteriormente en 1990, Malleshwari uniuse ó centro nacional, e catro anos máis tarde foi campioa mundial na categoría de 54 kg.

En 1997, casou co seu compañeiro de halterofilia Rajesh Tyagi, e en 2001 deu a luz un fillo. Tiña pensado regresar á competición nos Xogos da Commonwealth de 2002, mais finalmente non o fixo por mor da morte do seu pai. Retirouse definitivamente despois de non conseguir puntuar para os Xogos de 2004.Malleswari lifts Indian Olympic hopes – ‘I’m enjoying my preparation for a second medal... I’m very hopeful’ . The Telegraph (8 de xullo de 2004)Karnam Malleswari. sports-reference.com No presente vive en Yamunanagar, Haryana, xunto co seu marido e traballa na Corporación de Alimentos da India como Directora Xeral.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Karnam Malleswari no Comité Olímpico Internacional

Categoría:Nados en Andra Pradesh Categoría:Nados en 1975 Categoría:Deportistas da India Categoría:Halterófilos olímpicos da India Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en halterofilia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola India