Chrysolepis é un pequeno xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas, endémico do oeste dos Estados Unidos, desde Washington até o sur de California.Chrysolepis en PlantList. Consultada o 16 de xullo de 2020.
Características Son árbores e arbustos perennifolios con follas simples, enteiras, cunha densa capa de escamas douradas na superficie inferior do limbo (revés) e unha capa máis fina na superior (face). Estas follas mantéñense na planta durante 3 ou 4 anos. O froito é unha cápsula espiñenta que contén tres froitos secos comestíbeis.Chrysolepis en Flora of North America . Consultada o 16 de xullo se 2020.
Diferénciase do xénero Castanea en que os seus froitos tardan 14-15 meses en maduraren (3-5 meses nas castañas).
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1948 polo botánico sueco Karl Jesper Hakon Hjelmquist, e publicado en Botaniska Notiser, Supplement 2 (1): 117.
A especie tipo é Chrysolepis chrysophylla.
Etimoloxía O nome científico Chrysolepis está formado pola unión dos elementos do latín científico chryso- e -lepis, tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo χρυσός chrysós, "ouro", e λεπίς lepís, "escama", en referencia as escamas amarelas destas plantas.
Especies O xénero conta con dúas especies aceptadas:Chrysolepis Hjelmq. no ITIS. Consultado o 16 de xullo de 2020, Chrysolepis chrysophylla (Douglas ex Hook.) Hjelmq. Chrysolepis sempervirens (Kellogg) Hjelmq.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Crepet, W. L. & K. C. Nixon (1989): "Earliest megafossil evidence of Fagaceae: Phylogenetic and biogeographic implications". Amer. J. Bot. 76: 842. Govaerts, R. & D. G. Frodin (1988): World checklist and bibliography of Fagales: Betulaceae, Corylaceae, Fagageae and Ticodendraceae. Ed. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 978-1-9003-4746-4. Jones, J. H. (1986): "Evolution of the Fagaceae: the implications of foliar features". Ann. Missouri Bot. Gard. 73: 240.
Outros artigos Fagales Fagáceas
Ligazóns externas Chrysolepis Hjelmq. no U.S. National Plant Germplasm System.
Categoría:Fagáceas