Daniel Vega Pérez, nado en Arante (Ribadeo) o 4 de novembro de 1983, é un político galego que milita nas filas do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria Formouse profesionalmente como técnico agrícola no CFEA Pedro Murias de Ribadeo.

Traballou na Cooperativa Gancobre, en Bretoña, de onde logo pasou á Asociación de Criadores de Rubia Galega (ACRUGA), colaborando con entidades diversas do sector agrogandeiro.

Política Con 25 anos entrou nas Novas Xeracións do PP, das que chegou a presidente local en Ribadeo, provincial en Lugo e vicepresidente autonómico. Entrou como deputado no Parlamento de Galicia en 2016. Presidiu dende aquela a Comisión de Agricultura, Gandaría, Montes e Alimentación, e renovou a súa acta en 2020, dimitindo en xuño de 2023 para presentarse como candidato á alcaldía de Ribadeo.

En maio de 2019 saíra elixido concelleiro en Ribadeo, sendo portavoz do Grupo Popular. No 2023 encabezou o equipo que gañou as eleccións municipais con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha no Parlamento Galego Eleccións municipais en Ribadeo.

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ribadeo

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia