Trigonobalanus é un pequeno xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas.
Comprende tres especies de árbores perennifolios, relacionadoss coas faias e os castiñeiros, propios das rexións tropicais de Asia e o Sueste Asiático, e de Suramérica.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1962 polo botánico inglés Lewis Leonard Forman.
Etimoloxía o nome do xénerto, Trigonobalanus, está formado pola unión dos elementos do latín científico trigono- e -balanus. O primeiro deriva do grego antigo τρί-γωνον trígōnon, "tiángulo",trigo no Merriam-Webster Dictionary e o segundo ´o termo do latín clásico balanus, "landra" (derivado á súa vez do grego antigo βάλανος bálanos, co mesmo significado.balanus no Merriam-Webster Dictionary.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:
Colombobalanus Nixon & Crepet Formanodendron Nixon & Crepet
Especies O xénero comprende as seguintes tres especies: Trigonobalanus doichangensis (A.Camus) Forman Trigonobalanus excelsa Lozano, Hern. Cam. & Henao Trigonobalanus verticillata Forman
Nota taxonómica Algúns botánicos tratan as tres especies en xéneros separados.
Hábitat e distribución Trigonobalanus doichangensis. Subtropical, habita desde a provincia chinesa deYunnan até o norte de Tailandia. Trigonobalanus excelsa é endémico de Colombia. Trigonobalanus verticillata Tropical, encóntrase en Indonesia e Malaisia.
A útima especis en describirse foi Trigonobalanus excelsa, no bosque subandino anubrado do val superior do río Magdalena, no Parque Nacional Cueva de los Guácharos, Colombia. O xénero era coñecido anteriormente en Indonesia (Célebes), a Federación de Malaisia (Malaia, Sarawak e Sabah) e Tailandia.Gustavo Lozano C., Jorge Hernández Camacho, Jesús E. Henao S. (1979)): Hallazgo del género Trigonobalanus Forman, 1962 (Fagaceae) en el Neotrópico - I . Caldasia 12 (60): 517-537.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Govaerts, R. et al. (2014): Trigonobalanus, na World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultada o 16 de xullo de 2020. Chen, G.; Sun, W. B.; Han, C. Y. & Coombes, A. (2007): "Karymorphology of the endangered Trigonobalanus doichangensis (A.Camus) Forman (Fagaceae) and its taxonomic and biogeographical implications". Botanical Journal of the Linnean Society 154: 321–330. Ng, S. C. & Lin, J. Y. (2008): "A new distribution record for Trigonobalanus verticillata (Fagaceae) from Hainan island, South China". Kew Bulletin 63: 341–344. Trigonobalanus en The Germplasm Resources Information Network (GRIN), U.S. Department of Agriculture Agricultural Research Service. Consultado o 16 de xullo de 2020.
Outros artigos Fagales Fagáceas
Ligazóns externas Thai BFK Forest Herbarium: Trigonobalanus doichangensis (descrición e fotos) Flora of China: Formanodendron doichangensis (con debuxo) Foto de Colombobalanus excelsa
Categoría:Fagáceas