O membranoma foi definido como o conxunto de membranas biolóxicas que existen nun determinado organismo ou ben como o conxunto dos seus compoñentes químicos, especialmente proteicos.

Conxunto de membranas na evolución O termo co significado de conxunto de membranas dun organismo foi proposto polo biólogo británico Thomas Cavalier-Smith"Membranome and Membrane Heredity in Development and Evolution" by Thomas Cavalier-Smith, in Organelles, Genomes and Eukaryote Phylogeny An Evolutionary Synthesis in the Age of Genomics Editors: Robert P. Hirt; David S. Horner para discutir a epixenética das membranas biolóxicas e a evolución. Por exemplo, a orixe endosimbiótica das mitocondrias debeuse á adquisición por unha célula dun xenoma e un membranoma doutro organismo.Thomas Cavalier-Smith. Origin of mitochondria by intracellular enslavement of a photosynthetic purple bacterium. 11 de abril de 2006. Proceedings of the Royal Society B. Para comprender a evolución da célula debe considerarse non só os xenomas senón tamén a aevolución do membranoma: o conxunto de diferentes "membranas xenéticas" (denominación que usa Cavalier-Smith) que constitúen unha rede coherente supramolecular.Thomas Cavalier-Smith. Rooting the tree of life by transition analyses. Biology Direct volume 1, Article number: 19 (2006) Cavalier-Smith suxeriu que os eventos cruciais na evolución das células e dos principais grupos de seres vivos estiveron asociados con cambios herdables no membranoma. Distingue 18 tipos de "membranas xenéticas" herdables.Eva Jablonka, Gal Raz. Transgenerational epigenetic inheritance: prevalence, mechanisms, and implications for the study of heredity and evolution. The Quarterly Review or Biology. Volume 84, No. 2. Xuño de 2009.

Conxunto de compoñentes químicos das membranas O termo foi tamén usado para definir o conxunto completo de proteínas de membrana dun organismoGhosh D, Beavis RC, Wilkins JA, The identification and characterization of membranome components, JOURNAL OF PROTEOME RESEARCH Volume: 7 Issue: 4 Pages: 1572-1583. ou unha combinación do proteoma e do lipidoma das membranas. Existe unha base de datos con información sobre proteínas de membrana bitópicas chamada Membranome.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Membranome (base de datos)

Categoría:Bioloxía das membranas Categoría:Ómica