alt=Fotosesión de Rochi Nóvoa Vázquez para Farraos de Boneca|miniatura|Fotosesión de Rochi Nóvoa Vázquez para Farraos de Boneca Rosa María Nóvoa Vázquez, máis coñecida como Rochi Nóvoa, nada en Sobradelo (Xunqueira de Ambía) o 8 de novembro de 1975, é unha escritora , activista cultural, pintora, música, mestra e feminista galega.
Traxectoria En 1992 e 1993 creou a Asociación Cultural O Bouzo e a Asociación Xuvenil A Carreira Coba. Nesa época tamén comezou a editar o xornal O voceiro do Pobo no que colaboraban os negocios locais e o Concello de Xunqueira de Ambía. Foi fundadora e promotora do Tangaraño Cultural de Sobradelo dende o 2013, presidenta da Asociación Cultural O Sobradelo do Tangaraño.
En 2019 recuperou a figura do Farrumeco, unha das personaxes típicas do Entroido da zona, común a outros concellos. Asistiu a irmandades de Entroidos como a Mascarada de Chantada, promovida polos Volantes e Maragatos de Santiago da Riba., ou a VíboMask. En abril do 2023 cedeulle un Farrumeco ao Museo Galego do Entroido (MuGae)
En 2024 constituíu o Encontro da Palabra Galaico Portugués, que trasladou ao Concello de Xinzo de Limia. No mesmo ano colaborou con Mikel Aristegui na peza teatral Las bodas de Fígaro Impartindo obradoiros de máscaras das persoanxes do Entroido
Participa activamente en recitais conxuntos con músicos e solidarios, como Festa da República Galega, Culturgal, ParnaLixo, Encontros Poéticos, A porta Verde, Por un Ribeiro Poético ou o Festival do Condado.
Ten colaboracións con grupos musicais como Zënzar, Inibo, Daniel Minimalia, Manuel Carballo, O Reverendo Can, Roberto Sobrado Grupo, Ray Porto y las Cruces (cuxo CD leva o título do poema que versionaron "Autoestrada"). Colaborou no programa de radio Banda Aparte 2.0 cunha breve sección de poesía.
Publicou artigos en xornais como Diario do Támega, Diario do Limia, Follas caducas, Ourense na Rede ou Nós Diario. En xullo de 2024 publicou cinco relatos sobre a súa avoa en Nós Diario: "A maxia da avoa".
A nivel artístico a súa pintura amosa trazos de debuxos infantís en corpos espidos de mulleres con cabezas de paxaros, cebolas ou elefantes, así como caras desproporcionadas, con moita cor, pero na maioría tristes. Algunhas das súas exposicións de "Versos " estiveron en Santiago de Compostela, AC Auriense, A Casa do escudo, entre outras. «Bonecas de papel no time 4lovers» expúxose en espazos culturais e asociacións, así como en tabernas como Umpalumpa, ou Barriga Verde. En 2025 expuxo en Baños de Molgas Veladuras do silencio.Versos blancos en Sandiás
Foi mestra e directora no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós,no CEIP Novo de Arteixo, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, CEIP Carlos Casares e CEIP Rosalia de Castro de Xinzo de Limia e outros varios coincidindo no CEIP Lañas con Caxade.
En 2022 gozou dunha bolsa para creadoras literarias da Deputación de Ourense en colaboración co proxecto Residencia Literaria 1863, que dirixe Yolanda Castaño, para realizar unha estadía dun mes en Polonia para rematar Diagnóstico poético, un libro-guía.
Obra
Poesía en galego Cos pes na terra e a alma na Lúa (2009). Ed. Peto. En 2010, Edición Estendida. ISBN 978-1445207070. Sen ti son Eu (2012). Libro dixital Camaleo editado por Carlos Rodriguez Pérez. Farrapos de Boneca (2013). Libro musical + CD. ISBN 978-84-15045-36-6. ePub: ISBN 987-84-15045-37-3. 6 poemas musicados por Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro e Antonio I. Fernández, que pon música a todo o recital. Fotografía: Emilio Romanos, Ana Nieto e Orenxebre Fotografía. Muller de Papel (2015). Edición artística numerada; crowfounding .Publicado baixo licenza Creative Commons. Con CD. Poemas musicados por: Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro, Daniel Minimalia, INIBO, Castor Pérez e Antonio I. Fernández, que pon música a todo o recital. Fotografía: Pepe Escano, Róber García e Orenxebre Fotografía. Pintura e Escultura: Chús Lauzara. A exposición fotográfica e de arte estivo na A.C. Auriense, Sala Aposthrofe, Mingos Teixeira, Ateneo Ourensán e Taberna de Acevedo. Instances (2017). Proxecto con Daniel Soldevilla e Punxta González. Publicado baixo licenza Creative Commons. MaXic (2020). Con CD. Os membros de Zënzar, Daniel Soldevilla, Manuel Carballo, Puntxa González Rivera e O Reverendo Can acompañan coa súa música a voz de Rochi Nóvoa.Publicado baixo licenza Creative Commons. Diagnóstico Poético os versos que levas dentro (2023). Comunicación Gráfica SL. ISBN 978-8418514920. Arame e fio (2024). Deputación de Ourense. 84 páxs. ISBN 978-84-16643-67-7. Versos e lúas (2025). Ed. Fetiche. Ilustrado por Xosé Eladio. 55 páxs. ISBN 978-84-123034-3-8. Versos que danzan coa maxia dos seres mitolóxicos galegos.
Poesía bilingüe Punk-dereta (2021). Entrelíneas Editores. ISBN 978-84-123746-7-4. Poemas en galego e castelán, ilustracións da autora e doutras colaboradoras.
Obra en Inglés Diccionario Visual Galego-English/ English-Galego (2009). Lulú.com. ISBN 978-1445204741. Recipes & Tips in the English Classroom. Receitas, Zumes e Froitas na aula de inglés (2010). Lulu Press, Inc..ISBN 978-1409296775.
Obras colectivas Alén do Silencio (2014). ISBN: 9788415045410 Versus Cianuro (2013). ISBN 978-84-616-6956-1. Poemas contra a mina de Ouro de Corcoesto Xabarín 18 (18 anos dun proxecto normalizador) (2013). ISBN 84-87951-18-X. Os Camiños da Brétema (2014-Editado 2015). Letras Perennes de Folla Caduca (2014). Dez anos da Porta Verde (2015). ISBN 978-84-943881-8-7. 105 Voces para Rosalía de Castro (2015). Homenaxe poético para Manuel María (2015). Xilgra (2015). CD recompilatorio, cuxo significado é “música” en barallete (fala característica dos afiadores), promovida pola Asociación Cultural “A Galleira” co obxectivo dar a coñecer a música feita en galego na “cidade da chispa”. No CD, participan un total de 10 bandas da cidade de Ourense, “bandas que practican estilos musicais tan diversos como o jazz, o rock, a música mestiza con grupos como Guezos ou Sonoro Maxín, Skalingrado Malheira e os poemas de Rochi Nóvoa. A música das árbores (2016). ISBN 978-84-9914-917-2. Aldeas sin voz (2016). ISBN 978-84-608-3704-6. Calpurnias (2018). ISBN 978150479150. Nove encontros na Coroa e o que queda (2018). Canciones, algún desliz y dos o tres fotografías (2019). Los Suaves ISBN 9788416643240. Antoloxia 21. voces poéticas 8 marzo (2020). Wyspa Kwartalnik Literacki nr 4 ( 2022) ISBN 9-77189-2612. 25 Poemas traducidos ao polaco. Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (2023). Alvarellos. ISBN 978-84-18567-39-1. Miño, antoloxía do relato galego actual ( 2023). Galaxia. ISBN 978-84-1110-310-7. Sempre Abril, 50 anos da revoluçâo dos cravos, 500 anos do nascimento de Camoes (2024 ). ISBN 978-8412768329. As virxe do Cristal (2025) Deputación de Ourense DL Ou-308-2025 . Texto e ilustración. Versos desde el corazón XII (2026). ISBN 979-13-88267-97-0.
Premios Conseguiu galardóns poéticos xa no instituto, na Casa de Xuventude, no Certame escolar de Coca-Cola (1ª da Galiza e 2ª de España).
3º premio no Leiras Pulpeiro 2020 pola obra Barazas e sedeños. 1º premio no Concurso XXXV Lasarte Osoria por 6 verdades.' Gañadora Xogos Florais de Ponteareas 2020 por Primavera Punk. Premio O Corcel Negro por Punk-dereta en 2021. Accésit no Premio Acouga Casa dos Poetas 2024. Finalista III Premio Internacional de poesía José García Caneiro 2025. 1º premio IV Certame de relatos ecotópicos 2025, organizado por Ecologistas en acción, por "Cinzas que xermolan". 1º Premio de poesía no XIX Certame literario Terras de Chamoso por "Cando a luz viña camiñando" 2025. Finalista no XII Concurso de poesía romántica "Versos desde el corazón".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Cuestionario Proust: Rochi Nóvoa Vázquez, Ramón Nicolás. Blog de Rochi Nóvoa Entrevista sobre os Farrumecos de Sobradelo (febreiro 2025) Entrada do traxa de Farrumecos de Sobradelo no MUGAE IV Xornada sobre os entroidos, entrevista dos Farrumecos de Sobradelo en Orgullo Galego
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Xunqueira de Ambía Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia