Ceca de Aquileia Follis de Maximiano260x260pxIMP MAXIMIANUS P F AVG; busto laureado cara á dereita.SACR MONETA AVGG ET CAESS NOSTR, Moneta cara á esquerda, con balanza e cornucopia. AQS no exergo.Follis. Ceca de Aquileia (marca AQS). Ca. 302-303. 26 mm. 9,44 g. RIC VI 35b.

A ceca de Aquileia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano en funcionamento na antiga cidade de Aquileia, na costa do mar Adriático. Foi establecida polo emperador Diocleciano ca. 294-296 e mantivo a súa actividade, con longas interrupcións, ata o seu pechamento definitivo nos inicios do mandato de Valentiniano III (425-437).Humphrey, J. H. (1986). Páxina 625."Knowing the Roman imperial mints: X- Aquileia". Aeternitas Numismatics.

A ceca no seu contexto histórico

Período tetrárquico e Guerra Civil (294-324) En 312, durante a guerra civil (306-324), Constantino I reuniu un grande exército e dirixiuse a Italia a través dos AlpesZósimo. Historia nova. II, 15, 1. e, logo de derrotar a Maxencio dúas veces consecutivas, puxo en asedio e, posteriormente, ocupou Aquileia,Panegyrici latini. IV, 27.1; XII, 11.1. ata someter toda a Italia setentrional. Coa posterior e definitiva vitoria sobre Maxencio na Batalla da Ponte Milvio, en 312,Eutropio. Breviarium historiae romanae. X, 4.Zósimo. Historia nova, II, 16.Aurelio Víctor, Epitome, XL; 23.Panegyrici latini, IX, 16 ss. toda Italia pasou a estar baixo o control de Constantino,Barnes, T. D. (1982). Páxinas 42-44. o que constituíu o inicio dun novo período nas emisións monetarias.

A ceca de Aquileia foi establecida durante a tetrarquía de Diocleciano, cando Maximiano, logo de se converter en Augusto de Occidente, escolleu como a súa capital inicialmente Mediolanum (290-291) e posteriormente Aquileia (294-296). A ceca desta cidade, que Ausonio definiu como a novena do Imperio en importancia,Décimo Magno Ausonio, Ordo urbium nobilium, 9, 64-67. funcionou nos seus primeiros momentos con tres oficinas ou obradoiros, e os seus traballadores iniciais deberon ser traídos desde a ceca da capital da Antiga Roma.

Primeira tetrarquía (294-305) miniatura|Follis da ceca de Aquileia cuñado en 303 a nome de Dioclaciano.RIC VI 37a.

En 293, Diocleciano levou a cabo unha reorganización territorial e funcional no Imperio, que dividiu en catro partes co fin de facilitar as operacións militares. Neste contexto, nomeou a Galerio como o seu césar no Oriente, e Maximiano fixo o mesmo con Constancio Cloro para Occidente. As catro áreas configuráronse deste xeito:

A Diocleciano correspondéronlle as provincias orientais de Exipto (capital: Nicomedia).Eutropio. Breviarium historiae romanae, IX, 27. Galerio ocupouse das provincias balcánicas (capital: Sirmium). Maximiano gobernaba Italia e a África setentrional (capital: Mediolanum). A Constancio Cloro confióuselle Hispania, a Galia e a Britania (capital: Augusta Treverorum)

Este sistema revelouse eficaz para a estabilidade do Imperio e posibilitou que os augustos chegasen a celebrar os vinte anos de mandato, feito que non sucedía desde a época de Antonino Pío.

As emisións de moeda en Aquileia comezaron en 294, logo da elección da cidade como sede dunha das casas de moeda establecidas por Diocleciano para subministrar efectivo ao Imperio. Nesta primeira época traballou cos tres metais básicos da cuñaxe, e a súa produción de moeda de bronce non foi escasa, aínda que si moito menos abundante que a das cecas galas e a das orientais. Tamén cómpre salientar a boa factura das súas cuñaxes, cun estilo lixeiramente oriental e balcánico, arredado dos parámetros estéticos de occidente, que eran máis realistas (como os das cecas de Lugdunum, Augusta Trevorum ou Roma).Gorini, G. (1985). Páxina 525.

Segunda tetrarquía (305-306) miniatura|Follis cuñado ca. 305-306 na ceca de Aquileia a nome de Galerio.RIC VI 66b. Neste segundo período, a ceca de Aquileia produciu moedas de ouro e de bronce, aínda que non hai constancia de que existan tamén cuñaxes de prata.

O 1 de maio de 305, Diocleciano e Maximiano abdicaron. A segunda tetrarquía prevía que os seus respectivos césares se convertesen en augustos (Galerio para Oriente e Constancio Cloro para Occidente)Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 1. e proporcionáballes a potestade de nomear os seus propios sucesores (os novos césares): Galerio elixiu a Maximino Daia, e Constancio Cloro escolleu a Flavio Valerio Severo.Zósimo. Historia nova II, 8, 1. Porén, parece que pouco despois o mesmo Constancio Cloro renunciou a parte dos seus territorios (Italia e África) en beneficio do propio Galerio, que se atopou na situación de administrar dous césares: Maximino Daia, a quen lle encomendou Oriente, e Flavio Valerio Severo, a quen lle asignou Italia (e quizais África), en tanto que mantivo para si mesmo a diocese do Ilírico.Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 2. Este sistema de sucesión mantívose inalterado ara a morte de Constancio Cloro en Eboracum o 25 de xullo de 306.Zósimo. Historia nova II, 2, 9, 1.

Terceira tetrarquía (306-308) miniatura|Follis cuñado ca. 306-307 na ceca de Aquileia a nome de Flavio Severo.RIC VI 76b. Neste terceiro período, a ceca de Aquileia cuñou moedas de ouro e de prata, aínda que en cantidades reducidas.

Coa morte de Constancio Cloro, o sistema entrou en crise: o fillo ilexítimo do emperador defunto, Constantino, foi proclamado césar polas tropas que competían co lexítimo herdeiro, Severo. Uns meses despois, Maxencio, fillo do vello augusto Maximiano Herculio, foi aclamado grazas ao apoio de oficiais como Marcelo, Marceliano, Luciano e os pretorianos, restaurando así o principio dinástico.

Galerio negouse a recoñecer a Maxencio e enviou a Roma a Severo (que se atopaba en Mediolanum) cun exército, co fin de depolo. Porén, unha gran parte dos soldados de Severo serviran antes con Maximiano e, logo de aceptar diñeiro de Maxencio, desertaron en masa. Severo fuxiu a Rávena, onde foi asediado polo pai de Maxencio, Maximiano.Zósimo. Historia nova II, 2, 10, 1. A cidade estaba moi ben fortificada, o que levou a Maximiano a ofrecer unhas condicións para a entrega, que Severo aceptou: foi preso, aínda que finalmente resultou asasinado.Zósimo. Historia nova II, 2, 10, 2.Orosio. Historiarum adversum paganos. VII, 28, 8.Aurelio Víctor, [http://www.thelelatinlibrary.com/victor.caes.html De Caesaribus]; XL, 7.

O 11 de novembro de 308 tivo lugar un encontro en Carnuntum, no Danubio superior, no que participaron Galerio, como organizador, Maximiano e Diocleciano. Nesta ocasión organizouse unha cuarta tetrarquía: Maximiano viuse obrigado a abdicar, en tanto que Constantino foi degradado novamente a césar, e Licinio, un leal compañeiro de armas de Galerio, foi nomeado augusto de Occidente.Zósimo. Historia nova II, 2, 11, 1.

Cuarta tetrarquía (308-311) miniatura|Follis cuñado en 309 na ceca de Aquileia a nome de Maxencio.RIC VI 125. A ceca de Aquileia produciu nesta cuarta etapa da súa existencia moedas de ouro e de prata, polo menos desde o outono de 307 ata a fin de 309.

O cuarto período tetrárquico comezou o 11 de novembro de 308 e rematou o 5 de maio de 311, cando Galerio morreu e Maximino Daia se apoderou do Oriente, deixando so a Licinio o Ilírico.Lactancio, De mortibus persecutorum. XXXII, 4. Italia, incluídas as cecas alí establecidas, ficaron en mans do usurpador Maxencio, fillo de Maximiano.

Quinta tetrarquía (311-313) A produción da ceca de Aquileia durante a quinta tetrarquía parece que se limitou á cuñaxe dun múltiplo con valor dun sólido e medio, en ouro, sen emisión ningunha de prata, polo menos desde outubro de 312 ata maio de 313.

miniatura|Follis cuñado ca. 312-313 na ceca de Aquileia a nome de Constantino I.RIC VI 139b.

O Imperio Romano dividiuse, unha vez máis, en catro partes: Maximino Daia e Licinio gobernaban en Oriente, Constantino e Maxencio en Occidente. En realidade, pouco despois Maximino, Constantino e Licinio uniron as súas forzas para derrotar o primeiro dos catro augustos: Maxencio, que agora era dono de Italia e África.Zósimo. Historia nova II, 2, 14, 4. Así as cousas, en 312, Constantino reuniu un grande exército co que avanzou cara a Italia a través dos Alpes, ata se enfrontar contra o exército de Maxencio na decisiva batalla da Ponte Milvio, o 28 outubro dese mesmo ano. Como resultado, Maxencio foi capturado e asasinado.Zósimo. Historia nova II, 2, 16, 1-4. Coa súa morte, toda Italia pasou a estar controlada por Constantino. Despois, en febreiro de 313, Licinio e Constantino atopáronse en Mediolanum, onde estableceron unha alianza (reforzada polo matrimonio de Licinio coa irmá de Constantino, Flavia Xulia Constancia),Eutropio. Breviarium historiae romanae, X, 5.Zósimo. Historia nova II, 2, 17, 2.Lactancio, De mortibus persecutorum. XLIII, 2; XLV, 1.Annales Valesiani. V,13.28.Aurelio Víctor, De Caesaribus, XLI, 2.; Epitome, XLI, 4.<ref>Sócrates Escolástico. Historia Ecclesiastica]. I, 2, 25.</ref>Orosio. Historiarum adversum paganos libri. VII, 28, 19 coas miras postas na eliminación do terceiro emperador, Maximino Daia. Licinio enfrontouse con el na batalla de Tzirallum o 30 de abril dese ano.Lactancio, De mortibus persecutorum. 46 e 47.Zósimo. Historia nova. II, 17.3.Eusebio de Cesarea. Historia Ecclesiae. IX, 10.2-4.

Maximino Daia, morreu en agosto. Quedaban, pois, só dous augustos: Constantino no Occidente e Licinio no Oriente.Zósimo. [http://www.tertullian.org/fathers/ zosimus02_book2.htm Historia nova]. II, 18.1.

Diarquía Constantino-Licinio (313-324) miniatura|Follis cuñado en 322 na ceca de Aquileia a nome de Constantino I.RIC VII 104. esquerda|miniatura|167x167px|Anverso dun múltiplo de sólido cuñado en 319 na ceca de Aquileia a nome de Licinio. Con Constantino retomáronse xa en 313 as cuñaxes de moeda de bronce no terceiro obradoiro da ceca de Aquileia, en tanto que a emisión de moeda de prata practicamente non existiu e a de ouro foi ocasional, ata a reforma monetaria de Constantino de 318, cando se introduciu o sólido como unidade áurea.

Durante once anos, o Imperio Romano estivo gobernado por Constantino e Licinio, e pouco máis tarde polos seus respectivos fillos. A partir de 317, logo dunha confrontación armada que tivo lugar en Mardia,Zósimo. Historia nova. II, 19, 1-3. os seus augustos chegaron un acordo e asinaron unha tregua (o 1 de marzo de 317). Licino tivo que entregarlle o Ilirio a Constantino.Zósimo. Historia nova. II, 20, 1. A cambio Licinio obtivo a posibilidade de gobernar autonomamente a súa parte do Impero, polo que xurdiron dous reinos separados, moi arredados do proxecto tetrárquico de Diocleciano, que prevía a unidade do Imperio. Coa fin da hostilidade entre os dous augustos elevaron ao rango de césares os seus respectivos fillos: Crispo (a quen se lle confiou a Galia) e Constantino II (fillos de Constantino), e Licinio II (de Licinio).Horst, E. (1987). Páxina 211.Annales Valesiani. 19.Aurelio Víctor, De Caesaribus, XLI, 5.; Epitome, XLI, 4.Zósimo. Historia nova. II, 20, 2.L'Année épigraphique. 2006, 440.

Porén, anos máis tarde produciuse a confrontación final, cando en 323 unha horda de godos que decidiran cruzar o Danubio, intentaron arrasar os territorios romanos da Mesia inferior e da Tracia.Annales Valesiani. V,21. Constantino, informado da situación,Zósimo. Historia nova. II, 22, 3. marchou contra eles e penetrou nos territorios do outro augusto, Licinio, de quen recibiu unha serie de protestas oficiais, e finalmente ambos acabaron por enfrontarse nunha guerra civil.Horst, E. (1987). Páxinas 242-244. En 324 houbo unha serie de batallas favorables a Constantino (Adrianopolis,Zósimo. Historia nova. II, 22, 3-7. Bizancio, HelespontoZósimo. Historia nova. II, 23-24. e CrisopolisZósimo. Historia nova. II, 26.) que levaron a Licinio a entregarse ao seu rival, quen inicialmente o enviou ao exilio como cidadán privado a Tesalónica,Zósimo. Historia nova. II, 28. aínda que foi asasinado o ano seguinte.Annales Valesiani. 5.29.Sócrates Escolástico. Historia Ecclesiastica. I, 4.4.