Amalia Pérez Vázquez, nada en Cidade de México o 10 de xullo de 1977, é unha levantadora de peso mexicana nas categorías de 44 quilogramos a 60 quilogramos. Foi campioa paralímpica en cinco ocasións e é a única levantadora de peso que foi campioa paralímpica en tres categorías diferentes.

Traxectoria Pérez foi membro da Delegación Mexicana para os Xogos Paralímpicos dende o ano 2000. Na súa participación nos Xogos Paralímpicos de 2000 gañou a súa primeira medalla de prata en levantamento de peso na categoría de 52 kg, a cal volvería gañar nos Xogos Paralímpicos de 2004 celebrados en Atenas, mais nesa ocasión na categoría de 48 kg. Nos Xogos Paralímpicos de 2008, Pérez gañou a súa primeira medalla de ouro na categoría de 52kg e superou o récord panamericano cun levantamento de 127,5 kg. Volvería conseguir a medalla de ouro catro anos máis tarde nos Xogos Paralímpicos de 2012, desta volta cun levantamento de 135,5 kg.

A nivel continental, Pérez gañou a medalla de ouro nos Xogos Parapan de 2007 celebrados en Río de Xaneiro, na categoría de 52kg e superando o récord Paralímpico de levantamento de peso con 130,5 kg 0 14 de agosto de 2007. Nos Xogoso Parapan de 2011 celebrados en Guadalaxara, conseguiu a medalla de ouro na categoría de 44kg a 60kg.

No ano 2008, Pérez recibiu o Premio Nacional do Deporte de México.

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por México Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por México Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016